Aquí todo parte dunha pelexa entre os brazos e as pernas para ver quen é máis forte. Polo medio do duelo, descubrirán que non todo é o que parece e que ás veces os obstáculos fannos ser máis creativos.
O conto ten de especial que esta edición é bilingüe, é dicir, que o podemos ler en galego e en kikuyu.
O libro remata contando a vida do autor, Ngūgī wa Thiong'o, dende a súa infancia en Kenya ata converterse en profesor de universidade en California.
En resumo, noventa páxinas divertidas ás que ben vale a pena adicar unhas horas.
E ademais... divírtete intentando descifrar que palabras africanas se corresponden coas nosas galegas.
O desafío: atopa no libro unha expresión que coñeces por unha película de Disney.
Ngūgī wa Thiong'o, A revolución vertical ou porque os seres humanos camiñan ergueitos, Editorial Galaxia, 2019.
Recomendado para maiores de 8 anos.
Unha reseña de Christina Gamallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario