21/12/17

UN NADAL DE LECTURA

Non vos esquezades de ler este nadal.










BO NADAL E FELIZ ANO


18/12/17

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O alumnado do C.P.I. Mosteiro-Meis movilizouse no Día Internacional da Violencia  contra a Muller con diferentes traballos como estos dous videos de 3º de Primaria e 3º de Eso.

15/11/17

XORNALISTAS NA NOSA ESCOLA

Co obxectivo de mellorar a comunicación e a expresión oral do alumnado do noso centro nace este proxecto no que poderán apuntarse o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria.
Se queres saber máis preme na imaxe.


https://xornalistasescolares.wordpress.com/o-proxecto/

25/10/17

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Ten por obxectivo destacar a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como intrumento de mellora da formación e a convivencia humana. Organizamos con este motivo unha lectura compartida para todo o alumnado de Primaria no patio escolar.




15/6/17

PAIXÓN POLOS CLUBS DE LECTURA


O pracer de ler nos clubs de lectura non deixa de crecer no noso centro. Aos clubs de Secundaria e sexto de Primaria únese o club "Sonos de papel" de terceiro de Primaria


Aquí tedes unha das súas intervencións na radio escolar.




14/6/17

FINA CASALDERREY

Despaciño pareceulles,aos alum@s de 2º e 3º de Primaria, que xiraba a terra cando Fina Casalderrey faloulles da forza das palabras e dos bos sentimentos.

Escoita a entrevista que lle fixeron Pedro, Enzo, Lucía e Kadhija.



18/5/17

A VIDA DE CARLOS CASARES EN RAP

Para festexar o día das Letras Galegas que este ano 2017 homenaxea a Carlos Casares, nunha aula do CPI Mosteiro Meis o alumnado retou ao seu profesor a que lles rapeara a vida de Carlos Casares. E este foi o resultado.

8/5/17

ANTÓN CORTIZAS

O día 4 de maio Antón Cortizas estivo coas alumnas e alumnos de segundo curso de primaria para falarlles do seu libro "O lapis de Rosalía".



Pásarono moi ben coas historias do máxico lapis e co obradoiro de xogos de papel.


E tivo tempos para unha pequena entrevista na radio da nosa escola.





4/5/17

PLANETARIO NA BIBLIOTECA

A nosa Biblioteca convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións. Música, proxeccións, realidade aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.


25/4/17

MARCOS CALVEIRO

Visitounos Marcos Calveiro para falar dos  seus libros  "Unha casiña branca", "Palabras de Auga" e "O pintor do sombreiro de malvas", que leron os alumnos e alumnas de 4 ºe  5º  de Primaria e 1º de ESO.

Sara, Alex, Nerea e Carla aproveitaron para facerlle unha pequena entrevisra na radio escolar.


20/3/17

O ELEFANTE E A GALIÑA

Os nenos e nenas de 1º de Primaria estiveron traballando un conto fermoso do libro "Palabras de África" que remataron cun videomontaxe da historia. A historia titúlase "O elefante e a galiña" e pouco a pouco elaboraron os materiais e a historia. Despois de varios ensaios gravouse todo na aula e este foi o resultado. Agardamos que vos guste.


2/3/17

180 ANOS DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemoramos na Biblioteca o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun recital de poesía e a representación no teatriño de papel do libro  "Rosalía" de Helena Villar e Anxeles Ferrer da Fundación Rosalía de Castro.



3/2/17

AS ÁRBORES DA PAZ

Wangari soupo ver que a paz na terra depende da nosa capacidade para garantir a supervivencia do noso medio natural. O seu enfoque sobre o desenvolvemento sustentable abarca a democracia, os dereitos humanos e os dereitos da muller en particular. "Pensa globalmente e actúa a escala local" Traballo realizado polo alumnado de sexto de primaria para o día da paz sobre o libro de Jeannette Winter.

30/1/17

DÍA DA PAZ


Co motivo do festexo do Día da Paz este 30 de xaneiro sensibilizamos ao alumnado de Primaria sobre @s nen@s refuxiad@s de Siria. Na clase explicouse o motivo de que Siria esté en guerra e puidemos entender mellor o que sinten @s nen@s dese país con videos como este de Save the Children ou este outro de UNICEF.

Dende as clases de 3º de Primaria, o alumnado gravou unha serie de mensaxes de esperanza e ánimo para @s nen@s que por causa da guerra non poden voltar ás súas casas. Este foi o resultado.

12/1/17

BITÁCORA DO CLUB DE LECTURA

O club de lectura xa ten a súa propia bitácora, visítaa premendo na imaxe.

http://clubdelecturacpimosteiromeis.blogspot.com.es/