19/12/12

VISITA DE LOLA GÁNDARA

Hoxe Estivo connosco en Bibliomosteiro nunha divertida e entrañable visita.

DSC_0022 (2)

Lola Gándara é o seudónimo literario de Dolores González Lorenzo co que asina as súas novelas para xoves e adultos, aínda que tamén escribe e publica baixo o seu nome verdadero moitos relatos para nenos.

DSC_0010 (3)    DSC_0011 (2)

 

Naceu en Celanova (Orense) en 1942. Licenciouse en Dereito e en Filoloxía Hispánica e traballa como profesora de Lingua e Literatura Española. Dirixiu durante anos unha compañía de teatro infantil e participou den diversos proxectos teatrais. Tamén exerceu como guionista de programas de televisión. En todas as súas facetas de escritora acumulou premios e mencions.

O 12-12-12 ÁS 12…

 

17/12/12

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Como ven sendo habitual por estas datas o Equipo de Biblioteca quere achegarvos a Guía de Nadal 2012.

nadal2012_Página_1

Ademáis, Bibliomosteiro aposta polas boas prácticas ambientais e quere compartir o Manual elaborado pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA.

manual_de_boas_practicas_gal_Página_1

12/12/12

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

(DENDE AS AULAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA)

Hoxe ás 12:00h do 12-12-2012 no CPI de MOSTEIRO faremos unha homenaxe ao escritor galego Celso Emilio Ferreiro no patio cunha lectura colectiva dun poema seu.

No día de hoxe moitas escolas galegas conmemoran en diversos actos o centenario do seu nacemento.

Ademáis, os compañeiros da ESO visitáronnos esta mañá nas aulas de primaria para agasallarnos con outro poema.

Os de primeiro tamén queremos compartir algo…

Atopamos unha canción recitada pola personaxe Shin Chan que nos gusta…

…porque sí!

… e porque algunhas das súas frases parecen estar inspiradas nas verbas de Celso Emilio!

Letra:

Chasca rachasca rachás

Ai lalelo ai lalalo o galego hai que falalo.

Chasca rachasca rachás

Ai lalalo ai lalelo o que é meu teño que defendelo.

Chasca rachasca rachás

Falo galego porque quero,

porque me gusta e porque me peta.

Falo galego porque sí…

Chasca rachasca rachás.

Porque me sae de alí.

Digo de dentro senón o digo rebento!

Chasca rachasca rachás. Chis pun!

Canta connosco!

 

11/12/12

AS BIBLIOTECAS GALEGAS RECIBEN OS PREMIOS DO CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS 2011

 

O luns 10 de decembro seis Bibliotecas galegas pertencentes ao PLAMBE recibiron os premios do CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN E DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES do ano 2011 en Madrid, na Biblioteca Nacional.

Deixámosvos enlaces aos distintos blogues das Bibliotecas galardoadas porque ben merece a pena coñecer a estes heroes (como os definen nas “Zocas faladoras”).

 

Modalidade A (centros de ensino infantil, primaria, educ. especial e educ. de adultos):

 

Modalidade B (centros de ensino secundario, form. profesional, ensinanzas artísticas...)



PARABÉNS A TODOS E TODAS!

15/11/12

PREMIOS DE SAMAÍN

Deixámosvos un vídeo co resumo das entregas de premios do Certame de Relatos de medo e o Concurso de cabazas.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN!

Dende aquí podedes botar un ollo aos traballos gañadores…

00portada[34]

Click to play this Smilebox slideshow
 
 
 
 

 

1/11/12

FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante o mes de novembro realizaremos en Bibliomosteiro as charlas de Formación de usuarios da Biblioteca Escolar.

f_usuarios_Página_02

O Equipo da Biblioteca está a colgar avisos e novos carteis informativos nos taboleiros, chan, paredes…

SÉGUENOS!

26/10/12

SAMAÍN DE CINE!

A vindeira semana abriremos Bibliomosteiro o luns e o martes nos recreos de primaria e secundaria. Non haberá servizo de préstamo nos recreos porque a biblioteca vaise tornar nun espazo de cine de curtametraxes de animación galegas relacionadas coa temática do momento.

Antes das proxeccións o Equipo da Biblioteca dará unha pequena charla explicando as técnicas de animación que se empregan nestas curtas (stop motion, claymation,…).

OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO

0

Curtamatraxe galega de animación en plastilina (claymation) baseada nun relato do libro A lus do candil, de Anxel Fole e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. (de Flocos.tv)


Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.

 

FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS

mqdefault

Curta en animación intervalométrica que adapta a obra homónima de Fina Casalderrey e Teresa Lima e dirixida por Karla Castañeda. Forma parte do proxecto Historias do camiño

Fiz non era como os outros nenos: Era o máis medorento do mundo. 

 

OS SETE CABRITOS

7654772fa6c4f69fa05b9994f967c69b

Curta en animación intervalométrica que adapta a obra homónima de Tareixa Alonso e Teresa Lima e dirixida por Ismael Mon.Forma parte do proxecto Historias do camiño

Había unha vez nunha cabana no medio do monte unha mamá cabra que vivía cos seus sete fillos.

 

 

NON AS PODES DEIXAR DE VER!

24/10/12

FELICIDADES!

Hoxe é un día moi especial…Estamos de aniversario. Bibliomosteiro cumpre 3 anos!!!

cumplebiblio

E ademáis celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.

[CARTELAZULBAIXA1%255B3%255D.jpg]

Para conmemorar este día Bibliomosteiro quere achegarvos a convocatoria do I Concurso “DecorARTE” onde teredes que deixar voar a imaxinación para destacar o espazo que tendes como Biblioteca de Aula. Do 24 de outubro ata o 14 de decembro.

SORPRENDÉDENOS!

8/10/12

PRESENTACIÓN DE NOVIDADES

Podedes visitar a exposición do 8 ao 19 de outubro. Lembrade que durante estas semanas os exemplares pódense usar para lectura en sala e a partir do día 22 de outubro estarán dispoñibles para o empréstito.

MERGÚLLATE NA LECTURA!

1/10/12

BIBLIOMOSTEIRO 2012-2013

 

¡ATENCIÓN!

ESPAZO EN OBRAS

 

Estamos TRABALLANDO para MELLORAR ESTE blog.

12/6/12

UNIVERSO MIRÓ

Os meniños de 2º están rematando o curso traballando arreo. Estamos xa chegando ao desenlace do PDI polo que éstes días iremos colgando as presentacións dalgunhas actividades como a que podedes ver a continuación realizada no mes de marzo.

Ábrese o pano!

21/5/12

LIBROS DE IDA E VOLTA…

O día do Libro fixemos unha festa en Bibliomosteiro! Repartidos en dúas sesións, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nunha actividade que queremos compartir con todos!

“Fixemos unha actividade na Biblioteca onde saía un número de clase e tiñas que cambiar un libro co compañeiro da outra clase que ten o mesmo número ca ti. Alejandro Vilas.”

“O luns os profesores regaláronnos de sorpresa un marcapáxinas coa nosa foto! Uxía.”

AGORA TODOS COMPARTIMOS ESTE ENORME AGASALLO!

 
Click to play this Smilebox presentación

15/5/12

LETRAS GALEGAS 2012

Dende Bibliomosteiro achegámosvos unha páxina de recursos para traballar a figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano.

http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html

    vpandrade     images

7/5/12

Obradoiro Expreso de Banda Deseñada

IMG_2082

 

O vindeiro mércores 9 de maio na Biblioteca Municipal de Meis podes participar neste obradoiro tan interesante.

Horario: 18:00 a 20:00h.

Idade: a partir de 9 anos.

Prazas Limitadas. Apúntate na Biblioteca ou chamando ao teléfono 986 712 477.

Non podes faltar!

26/4/12

VISITA DE BONIFACE OFOGO

Boniface Ofogo Nkama é un contacontos divulgador da tradición oral africana. Procede de Bogondo, unha aldea entre a selva e a sabana en Camerún.boniface Cando era un neno escoitaba na lingua dos seus antergos, contos e lendas de África na voz de seu pai.
Mañá 27 de abril, teremos o privilexio de contar coa súa presenza e disfrutar dun amplo abano de historias, que nos achegarán o espírito e o sentir da África máis descoñecida.
Se queres saber máis sobre el, visita a súa páxina web: www.boniofogo.com

23/4/12

DÍA DO LIBRO

cervantesforgesEste ano, en Bibliomosteiro, celebramos o Día do Libro con diversas actividades que se van a desenvolver ao longo da semana.

 

 

Se queres saber máis sobre a Historia do Día do Libro preme na seguinte presentación!

22/3/12

O CÓMIC EN GALICIA

O 16 de marzo inagurouse no Arquivo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela unha exposición sobre as orixes do cómic en Galicia. Alí podemos atopar a obra de creadores galegos que publicaron entre 1880 e 1960. A exposición permanecerá ata o 10 de xuño e nela podémonos encontrar con sorpresas como bandas deseñadas debuxadas por Castelao, Maside.... non vola perdades¡

8/3/12

8 MARZO DÍA MULLER

Nos anos 40, as irmás Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez eran en Ribadabia, a cabeza visible dunha rede clandestina que ocultaba os xudeus e lles facilitaba a través da fronteira portuguesa, a fuxida cara países onde quedarían  a salvo do nazismo.Lembremos que no holocausto morreron arredor de seis millóns de xudeus, e estas galegas contribuíron a salvar arredor de medio millar de persoas. Para elas o noso recoñecemento e a nosa lembranza neste día da muller.


7/2/12

BICENTENARIO DICKENS

O 7 de febreiro celebramos o bicentenario do nacemento de Charles Dickens (1812-2012). O novelista inglés que nos ensinou a crer nos milagros. e na forza do ser humano.Autor de obras inolvidables que tanto nos teñen emocionado: Oliver Twist, David Cooperfield  e Canto de Nadal.

Velaquí tedes un pequeno video que resume a vida do autor-

:

30/1/12

MANIFESTO PARA O DÍA DA PAZ 2012

Safe Creative #1201270982686
Paz. Cada vez que escoitamos esta palabra, non podemos evitar relacionala coa súa contraria: guerra.
Guerra: cada vez que escoitamos esta palabra, non podemos evitar sentir certo arrepío e pensar en mortos e, tamén, en algo que nos queda moi lonxe.
Efectivamente, nun día coma o de hoxe moreas de manifestos falarán a favor da paz e rexeitarán a perda de vidas humanas que trae consigo a guerra. Nós queremos ir un pouco máis aló. A guerra non só significa unha perda irreparable de seres humanos inocentes, iso non é o único dano colateral que arrastra. Hai tamén unha perda non humana, pero tamén importante: a do patrimonio cultural. Un país en guerra é un país sen cultura, desde logo mentres dure o conflicto armado e, moitas veces, despois. A loita armada non soe ser quen de respectar a cultura do territorio onde se desenvolve, para mostra, o que sucedeu cos xacementos arqueolóxicos de Iraq durante a guerra, que quedaron totalmente destruídos, por poñer un exemplo recente. Por ir máis aló, moitas veces o bando gañador destrúe o patrimonio cultural do país, como sucedeu en Afganistán cando foi tomada polos talibáns, que decidiron voar con dinamita as estatuas milenarias dos deuses. Os dirixentes pensaron, coa súa opinión unilateral, que non hai máis cultura que a que eles queran impoñer: a cultura do burka, a cultura de que as mulleres non son quen de ter estudios, máis aló dos doce anos. Non valoran o que non comulga coa súa ideoloxía sen pensar que os bens culturais son patrimonio de toda a Humanidade. Ademais, a destrucción da cultura dun pobo é a destrucción da súa identidade. Nos últimos anos, territorios como Os Balcáns, Oriente Medio, América Latina ou África teñen visto como os seus sinais de identidade son aniquilados en sucesivos conflictos armados.
É labor dos países libres de conflictos denunciar esta situación e tentar de reparala. Afortunadamente, hoxe en día contamos con iniciativas como Bubisher, un autobús solidario encargado de levar libros aos nenos dunha das poboaciones máis castigadas: o Sáhara. A través de Bubisher, os refuxiados saharauis teñen o acceso á cultura que lles ven sendo negado desde hai anos de conflictos. Hai que curar as heridas do corpo, sí, pero tamén é importante curar ás da mente. Esperemos que sexa posible abrir unha ventá á esperanza cultural e que iniciativas coma esta prosperen e mesmo se multipliquen. Como decía o sabio grego Dióxenes Laercio: "A cultura é un adorno na prosperidade e un refuxio na adversidade". Fagámolo realidade.


28/1/12

GUÍA DE LECTURAS: DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Xa podedes consultar a nova guía!
Lecturas recomendadas co motivo da celebración do Día Escolar pola Paz o vindeiro luns 30 de xaneiro.


LER PARA CRECER... NO TEMPO DE LECER.












Saúdos de Golfiño!

24/1/12

VIVEIRO DA PAZ

O luns 30 de xaneiro montaremos no patio " un viveiro" de flores feitas polo alumnado como símbolo da paz.
O obxectivo é reflexionar sofre os conflitos que existen no mundo e conseguir un donativo a través da venda das flores para a ONG Bubisher, que como xa sabedes, leva a cabo actividades de achegamento de libros para as persoas dos campamentos saharauis.

23/1/12

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebraremos,  o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi. Durante esta semana, iremos realizando todo tipo de actividades na aulas para conmemorar este día.
Dende a biblioteca, propoñémosvos unha extensa recompilación de recursos para traballar co alumnado que nos chegan dende:       CEIP VICTOR SAENZ.