10/2/22

AS CIENTÍFICAS NOS NOSOS LIBROS

Coincidindo co Día da nena e da muller na ciencia, o  venres 11 de febreiro, animámosvos a descubrir algunhas mulleres científicas que se aloxan na nosa Biblioteca, e que quizáis vos apeteza acoller nos vosos fogares durante uns días... 

Comezamos cun libro que xa se está a converter nun clásico: 



Presenta nun formato atractivo, con textos breves e ilustracións orixinais, a vida e obras de 25 científicas que cambiaron o mundo. Entre elas, atópase a española María Teresa Toral, presentada coma "química antifascista".






A 50 pioneiras españolas de tódolos campos do saber adícase estoutro libro. 



Podemos atopar a varias científicas, coma por exemplo Ángeles Ruíz Robles: 


Se prefires a banda deseñada, Valerosas é o libro que estabas a buscar. 



Entre outras mulleres que só fan o que elas queren (non o dicimos nós, é o que pon na portada do libro) está a historia de Agnodice, a primeira xinecóloga da Historia, cunha vida máis que interesante. 



Deixamos para o final un libro que agrupa os dous grandes proxectos da nosa Biblioteca para este curso: Mulleres que contaron e a Biblioteca verde. 



En "Árbores que non arden" varias autoras, reunidas no Proxecto Batefogo, abordan a figura indispensable das mulleres na prevención de incendios forestais. Velaquí unha mostra das súas interesantes aportacións. 




Se te animas a levar algúns destes libros para a túa casa ou para a túa clase, enche este  formulario e recólleo no Anexo da Biblioteca no primeiro andar. 


Feliz lectura!