24/2/11

OS NOVOS LIBROS DE GERONIMO STILTON

¡Seguimos mercando, non vos queixedes! Aquí vos deixamos os novos libros de Geronimo Stilton, que pronto estarán á vosa disposición para empréstito. Mentres, ide botando unha ollada aos títulos para elixir o que máis vos apeteza ler. Vémonos na biblioteca.



23/2/11

Y SEGUIMOS COMPRANDO LIBROS...

Fieles a nuestra máxima de estar al día con respecto a todas las novedades editoriales que puedan gustar a los usuarios de esta biblioteca, el departamento de Lengua Española ha decidido comprar estos libros:
El último de Matilde Asensi: aventuras en el siglo XVI





un clásico del teatro español del siglo XX. ¡Muy divertida!















 El último éxito de Federico Moccia. ¡Supongo que nos lo quitarán de las manos!











¡El último Best Seller de Alfaguara! No te lo pierdas

14/2/11

POESÍA EN SAN VALENTÍN



VEINTE POEMAS DE AMOR Y UNA CANCIÓN DESESPERADA de Pablo Neruda.


" Puedo escribir los versos más tristes esta noche. Pensar que no la tengo. Sentir que la he perdido..."


Se precisas dicir o que sintes e non sabes como, non o dubides este é o teu libro. De seguro que nos seus versos atoparás as palabras para transmitir as máis belas emocións...


Hoxe máis que nunca A poesía é unha arma cargada de futuro

12/2/11

CLUBE DE LECTURA "AMIGOS DE GERÓNIMO STILTON"


A semana pasada os nenos-as de 4ºde E. Primaria tivemos a Primeira Xuntanza do Clube de Lectura onde comentamos cousas sobre os libros de Gerónimo Stilton que xa lemos ou estamos lendo. Temos que aproveitar que por fin as nosas profes nos piden que leamos libros que realmente nos gustan.
Esta semana pedímoslle ao Equipo da Biblioteca que nos merque máis libros de Gerónimo Stilton porque os que temos... xa os lemos todos! Dixéronnos que os ían mercan pronto...

UN PASEO POLA ARTE

O alumnado de E. Primaria está a desenvolver un Proxecto Global Interciclos que ten como fío conductor o título: "UN PASEO POLA ARTE". Ao longo deste trimestre os nenos-as participarán en Obradoiros de Pintura, Poesía, Animación á Lectura, etc.

Non te esquezas de botar un ollo aos traballos !

9/2/11

MEMORIAS DUN NENO LABREGO ESTÁ DE ANIVERSARIO


Hai xa 50 anos en que se publicou por primeira vez esta novela en Bos Aires. Dende entón, leva vendidos máis de 600.000 exemplares a través de continuadas reedicións, converténdose nun referente e nun dos grandes éxitos de vendas da literatura galega.


O autor, Xosé Neira Vilas, explica que esta obra naceu no seu momento da " toma de conciencia" de Galicia, a súa terra de orixe, durante a emigración en Arxentina.


Para homenaxear este acontecemento o autor e director teatral Cándido Pazó levará a escena en Galicia unha versión persoal da coñecida obra