29/10/15

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Celebramos o Samaín cunha morea de actividades para todos os niveis ao longo da semana. A Biblioteca, ambientada ao efecto  serviu  para a lectura de terroríficas e arrepientes lecturas que puxeron os pelos de punta aos máis valentes.


Os pasillos do centro acolleron  a exposición de cabazas. Cada ano  máis  imaxinativas e creativas. Un auténtico problema para o xurado que ten dar os premios as mellores. Moitas felicitacións por esas magníficas cabazas rapaces e rapazas
SAMAÍN CPI MOSTEIRO 2015 by Slidely Photo Gallery.



Preparar calquera apócema non é difícil. Basta botarlle unha ollada a calquera das inventadas polos nosos alumnos e alumnas. Que  vos aproveite!





E despois de tan alegre e satisfactorio  traballo non  podía faltar a maxia de ser outro, de disfrazarse como manda a ocasión. 

DISFRACES SAMAIN 2015 CPI MOSTEIRO-MEIS by Slidely Photo Gallery

24/10/15

A BRUXA REGAÑADENTES

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. 


23/10/15

ANXO MOURE NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O noso alumnado participou moi activamente nos contos de Anxo Moure, unhas veces  como protagonistas, noutras como felices figurantes.




Insuflounos coas súas verbas imaxinación  para subir  no seu nubilete rumbo a un mundo sen guerras, sen contaminación,  sen lume,  e cheo de  homes e mulleres libres e bos que coidan o medio natural.

22/10/15

UN LIBRO PODE TER MOITAS VIDAS

Mirar un libro, pasar paseniñamente as súas páxinas, sentir desexos de telo entre as túas mans, ler, imaxinar. Estas e outras emocións deberon sentir as nosas nenas e nenos nesta festa de intercambio de libros. E... cada un dos libros da exposición volveu latexar.





Os libros son abellas que transportan o polen da sabiduría dunha mente a outras. J. Rusell.



COS MÁIS PEQUENOS

Coa  visita dos pequeniños  do noso  centro comeza  Bibliomosteiro as súas  actividades: formación de usuarios, préstamo de libros, exposicións, lecturas compartidas…