18/5/17

A VIDA DE CARLOS CASARES EN RAP

Para festexar o día das Letras Galegas que este ano 2017 homenaxea a Carlos Casares, nunha aula do CPI Mosteiro Meis o alumnado retou ao seu profesor a que lles rapeara a vida de Carlos Casares. E este foi o resultado.

8/5/17

ANTÓN CORTIZAS

O día 4 de maio Antón Cortizas estivo coas alumnas e alumnos de segundo curso de primaria para falarlles do seu libro "O lapis de Rosalía".



Pásarono moi ben coas historias do máxico lapis e co obradoiro de xogos de papel.


E tivo tempos para unha pequena entrevista na radio da nosa escola.





4/5/17

PLANETARIO NA BIBLIOTECA

A nosa Biblioteca convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións. Música, proxeccións, realidade aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.