4/5/17

PLANETARIO NA BIBLIOTECA

A nosa Biblioteca convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións. Música, proxeccións, realidade aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.


No hay comentarios: