25/11/15

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A data do 25 de novembro elixiuse, por parte da comunidade internacional, como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, conmemórase a morte das irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do dictador dominicano Rafael Trujillo. Afecta a todas as mulleres do mundo con independencia de onde viven ou a idade que teñan. É tal a magnitude da violencia e alcanzou tales dimensións que a Organización Mundial da Saúde declarou á violencia contra as mulleres prioridad de saúde pública en todo o mundo.
A violencia contra as mulleres, desde as súas formas máis sutís ata as máis extremas, o asasinato, é consecuencia dun discurso sexista baseado en relacións de poder desiguais que manteñen algúns privilexios dos homes sobre as mulleres.

Traballos realizados polos alumnos de 4º da ESO contra a Violencia.







9/11/15

A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS

— Antes me leven as almas en pena 
que darvos un figo da miña figueira!
 
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.

5/11/15

A BRUXA MARUXA





A BRUXA MARUXA

A bruxa Maruxa ten unha curuxa
que non pecha os ollos, non quere durmir.
A bruxa Maruxa ten unha curuxa
que está todo o tempo mirando para ti.

A bruxa Maruxa e a súa curuxa
voa e revoa de aquí para alá.
Coa súa vasoira facendo piruetas,
primeiro para diante e logo para atrás.

A bruxa Maruxa non quere ser bruxa.
a bruxa Maruxa quere ser feliz.
Foi ao mercado verder unha curuxa
e xa lle marchou o gran nariz.

A bruxa Maruxa tiña catro primas
ás que tan só vía polo Nadal.
Estaban no cárcere por asesinas;
cortáranlle o rabo a un pobre animal.

A bruxa Maruxa temén ten dúas tías,
pero nunca pode ilas visitar.
Non paran na casa; polo mundo enteiro,
detras dun carneiro andan a voar.

A bruxa Maruxa tiña un segredo
gardado no seu camisón.
Ninguén sabía o que agocharía, 
se pata de galo ou dente de león.

A bruxa Maruxa nunca foi en barco,
nin foi polo río, nin foi polo mar.
Ia plolos montes, ía polos charcos;
entraba e saía sen pestenexar.

Letra e música: Magín Blanco

29/10/15

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Celebramos o Samaín cunha morea de actividades para todos os niveis ao longo da semana. A Biblioteca, ambientada ao efecto  serviu  para a lectura de terroríficas e arrepientes lecturas que puxeron os pelos de punta aos máis valentes.


Os pasillos do centro acolleron  a exposición de cabazas. Cada ano  máis  imaxinativas e creativas. Un auténtico problema para o xurado que ten dar os premios as mellores. Moitas felicitacións por esas magníficas cabazas rapaces e rapazas
SAMAÍN CPI MOSTEIRO 2015 by Slidely Photo Gallery.



Preparar calquera apócema non é difícil. Basta botarlle unha ollada a calquera das inventadas polos nosos alumnos e alumnas. Que  vos aproveite!





E despois de tan alegre e satisfactorio  traballo non  podía faltar a maxia de ser outro, de disfrazarse como manda a ocasión. 

DISFRACES SAMAIN 2015 CPI MOSTEIRO-MEIS by Slidely Photo Gallery

24/10/15

A BRUXA REGAÑADENTES

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. 


23/10/15

ANXO MOURE NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O noso alumnado participou moi activamente nos contos de Anxo Moure, unhas veces  como protagonistas, noutras como felices figurantes.




Insuflounos coas súas verbas imaxinación  para subir  no seu nubilete rumbo a un mundo sen guerras, sen contaminación,  sen lume,  e cheo de  homes e mulleres libres e bos que coidan o medio natural.

22/10/15

UN LIBRO PODE TER MOITAS VIDAS

Mirar un libro, pasar paseniñamente as súas páxinas, sentir desexos de telo entre as túas mans, ler, imaxinar. Estas e outras emocións deberon sentir as nosas nenas e nenos nesta festa de intercambio de libros. E... cada un dos libros da exposición volveu latexar.





Os libros son abellas que transportan o polen da sabiduría dunha mente a outras. J. Rusell.



COS MÁIS PEQUENOS

Coa  visita dos pequeniños  do noso  centro comeza  Bibliomosteiro as súas  actividades: formación de usuarios, préstamo de libros, exposicións, lecturas compartidas…




































19/6/15

LECTURAS DE VERÁN

No verán, non te esquezas, ten un libro a man.
Aquí tes algunhas suxestións.
Feliz verán!



15/6/15

CON SOLEDAD FELLOZA E A COCIÑEIRA DO REI

 O  kamishibai musicado "A cociñeira do rei" tivo un público moi especial: Soledad Felloza, a autora do conto.  Para ela foi moi emocionante ver como os nenos e nenas dramatizaban, cantaban e inventaban unha "banda sonora" con Mencía e o resto de personaxes do seu conto; e para os alumnos foi unha experiencia única coñecer e gozar do arte desta polifacética muller.
Grazas por unha visita tan doce!

17/5/15

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Recursos didácticos sobre Xosé Filgueira Valverde.


12/5/15

A POESÍA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro mantivo un emotivo encontro cos  alumnos e alumnas do Centro, que puideron disfrutar do recitado dos seus versos e dun pequeno taller de poesía onde conxuntamente elaboraron un musical e alegre poema.

O autor vigués escribiu, entre outro libros, A fogueira dos versos galardonado con Premio Merlín e o Premio Pier Paolo Vergerio.
Esta iniciativa pretende fomentar o hábito da lectura entre o alumnado  e de desenrolar o gusto pola lectura.



Traballos dos alumnos e alumnas sobre Antonio García Teijeiro



8/5/15

AS CORES NA NATUREZA

As explicacións de Paula e Oscar espertaron gran interese entre o alumnado no experimento do mes adicado a química.

Na primeira experiencia puideron observar a reacción do sodio coa auga na que se desprende hidróxeno, gas que é altamente inflamable en concentracións altas e que arde en presencia do osíxeno do aire. As chamas producidas inician a combustión do barco feito con papel de filtro.


No seguinte experiemento apreciamos como a col lombarda (que exerce como indicador natural) cambia de cor en función do seu PH.


24/4/15

CONTACONTOS CON PILAR MARTÍNEZ

Dentro das actividades programadas pola Biblioteca, a profesora do Centro, Pilar Martínez contounos entre outros o seu conto A GALIÑA ROXA, editado por Kalandraka.


Había unha vez unha galiña roxa que vivía nunha granxa cos seus pitiños. Se queres seguir lendo máis clica na imaxe da galiña.





23/4/15

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria representaron no teatriño Kamishibai ,a obra de Soledad Felloza e Sandra de Prada, A COCIÑEIRA DO REI.

A narración estivo acompañada por instrumentos musicais para plasmar o mundo de sabores e aromas que desprende a obra e poñer en valor o protagonismo especial que ten a  naturareza.

Unha boa historia para aprender a valorar a cociña coma parte da nosa vida e das nosas emocións.

27/3/15

SMOKEY CITY





Asistimos  no auditorio da casa de cultura do concello de Meis á representación da obra teatral Smoke City, de produccións Malasombra.
Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que ao fin e ao cabo, é o contrario de vivir atrapado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini


26/3/15

EXPERIMENTO: A CIRCULACIÓN TERMOHALINA




Comprender os fenómenos que acontecen ao noso arredor é, sempre, máis fácil experimentanto. Con esta idea o profesorado  pon en marcha un novo programa destinado a todo o alumnado do Centro. Cada mes realizarán un experimento distinto. Comeza en marzo co principio da circulación termohalina, é dicir, a circulación da auga salgada dos océanos determinada pola diferencia de temperatura e salinidade.
A sesión foi explicada por un alumno e unha alumna de cuarto curso de Educación Secundaria.
Para realizar o experimento os alumnos empregaron un recipiente con  auga quente e outro con auga fría e salgada. Cada unha con distinta cor foi introducida nun  nun acuario separadas por un tabique. Ao retiralo o alumnado comprobou que a auga máis quente flotaba sobre a fría.



24/3/15

DÍA DA ÁRBORE

O alumnado do Centro viveu con especial interese as actividades programadas no día da árbore.
Os máis pequenos axudaron na plantación de exemplares das especies capudre, érbedo e sobreira.


Identificouse cunha placa a doce árbores do patio do centro.
Todo o alumnado participou nun roteiro para coñecer estas árbores. Foron os alumnos maiores de Primaria e Secundaria os que explicaron as súas  características aos seos compañeiros.







25/2/15

178 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Google lembra a Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento  adicándolle a súa cabeceira.
No "doodle" pódese ver o logotipo de Google no que as "oes" foron reemplazadas polo escudo de  Galicia e o retrato de Rosalía. No fondo vense unhas montañas verdes atravesadas por un río azul  que leva escrito o poema Adiós ríos, adiós fontes...

30/1/15

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

O día Escolar da Non Violencia e da Paz celébrase o día 30 de xaneiro de cada ano no aniversario da morte de Mathama Gandhi.
Sendo conscientes de que ainda se pode cambiar as culturas de imposición, de medo e de especulación en culturas de diálogo e de reconciliación puxémonos a imaxinar......
Imaxinar xente en paz, un mundo sen paises, sen fame, sen codicia.
Imaxinar a toda a xente compartindo o mundo.





Recollida de alimentos.

26/1/15

DESCRIPCIÓNS MOSTRUOSAS

Como vedes o noso taller de escritura creativa segue a dar excelentes traballos.
Nesta exposición de descripcións mostruosas tratábase de imaxinar un mostruo e describilo con moita fantasía e creatividade. O alumnado de quinto animouse a a facelo tamén en inglés. 

21/1/15

CONTOS MÍNIMOS

Dende o equipo da Biblioteca queremos impulsar este curso un Obradoiro de escritura creativa para todo o alumnado de Primaria. A nosa  primeira proposta foi que cada clase creara dous contos mínimos.  Os contos mínimos son contos moi breves cun xogo de rimas sinxelo. Nunha frase enúnciase unha personaxe e a acción, e na siguiente frase queda como conclusión do relato. Estes contos non soen ter máis de tres o catro liñas.
Os nenos e nenas traballaron arreo para que os contos quedaran o máis bonitos posible. Reunimolos todos nun libriño moi fermoso que está aínda circulando polas aulas do cole. Queredes velo vos tamén?