Comprender os fenómenos que acontecen ao noso arredor é, sempre, máis fácil experimentanto. Con esta idea o profesorado pon en marcha un novo programa destinado a todo o alumnado do Centro. Cada mes realizarán un experimento distinto. Comeza en marzo co principio da circulación termohalina, é dicir, a circulación da auga salgada dos océanos determinada pola diferencia de temperatura e salinidade.
A sesión foi explicada por un alumno e unha alumna de cuarto curso de Educación Secundaria.
Para realizar o experimento os alumnos empregaron un recipiente con auga quente e outro con auga fría e salgada. Cada unha con distinta cor foi introducida nun nun acuario separadas por un tabique. Ao retiralo o alumnado comprobou que a auga máis quente flotaba sobre a fría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario