2/6/09

A MULLER COMO MOTOR DA HISTORIA



En breve estará a disposición de toda a comunidade escolar o Proxecto Interdisciplinar titulado:
“A MULLER COMO MOTOR DA HISTORIA”
Neste traballo, que abrangue distintas áreas do coñecemento, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tentamos aprender un pouco máis da importancia da muller ao longo da historia, así como a saber recoñecer e rexeitar o machismo e os estereotipos que a sociedade actual tenta impoñer sobre todo á muller.
Para realizar este proxecto tivemos que: investigar, resumir, redactar, interpretar, recortar, pintar, manipular debuxos e textos, utilizar as novas tecnologías (internet e procesador de textos).
Ao expoñer o noso proxecto agrupamos estas actividades en catro apartados:
1º.- Mulleres relevantes ao longo da historia: Onde expoñemos a vida e a obra de mulleres que destacaron tanto no campo da investigación como no mundo da arte (literatura neste caso).
2º.- Meis con cara de muller: exposición onde facemos un percorrido polas mulleres do noso entorno pasando por todas as clases sociais, dende Rica (raiña de Castela e León) ata Ana de Castro (denunciada por meiga no século XVII).
3º.- Os nosos contos: xa que ademáis de buscar información e reflectila no proxecto, tamén deixamos paso a imaxinación, creando os nosos propios contos onde a protagonista é sempre unha muller. Estes mesmos contos representámolos en pequenas obras teatrais para os cativos de primaria co galo do Día das Letras Galegas.
4º.- O cómic. Manipulación plástica e textual de grandes obras pictóricas: neste apartado tivemos que levar a cabo a pescuda e investigación no mundo da arte de obras de artistas recoñecidos cuxa temática xirase arredor da muller. Unha vez localizados os cadros, manipulamos as reproduccións destes plasticamente e textualmente, para despois poder construir un cómic co cal traballamos ademais temas relacionados coa problemática actual da muller: culto a imaxe (anorexia, estética), machismo…

13/5/09

SÚMATE AO MANIFESTO DA CGENDL

Ante a inminente derrogación do Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no Sistema Educativo a Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística vén de abrir o seu manifesto a todo o profesorado, que xa pode adherirse na seguinte ligazón:

11/5/09

Día das letras galegas 2009

Este 17 de maio, día das letras galegas, adícase á figura de Ramón Piñeiro (Láncara, Lugo, 1915-Santiago de Compostela, 1998).
Piñeiro, intelectual controvertido e non demasiado coñecido, ten unha importancia indiscutible na defensa da cultura galega durante o franquismo.
A súa obra escrita cínguese fundamentalmente ao ámbito ensaístico, reivindicando un ámbito formal descoñecido ata ese momento para o idioma galego.
Así, é autor de obras como:
-A lingoaxe i as lingoas (1907), discurso de ingreso na Real Academia Galega.
-Olladas no futuro (1974), recopilación de textos publicados previamente na revista Grial.
O máis destacado da súa obra é o traballo sobre a saudade, que recolle no libro Filosofía da saudade (1984). Tamén no campo da filosofía é autor de traducións ao galego, como por exemplo Da esencia da verdade, de H. Heidegger.
Non é, pois, un autor prolífico, pero os seus traballos son de gran trascendencia na normalización do galego, ao que engadiremos o valor sociolingüístico que supón facer ensaio filosófico en galego nese momento.
Se ben antes da guerra, estivo vencellado ao Partido Galeguista, durante o franquismo foi partidario da actividade cultural para galeguizar a sociedade, fronte á loita política.
Fundador da Editorial Galaxia en 1950, impulsora da recuperación cultural da posguerra, da que foi director literario, ademais promoveu a creación da revista Grial en 1903, co obxectivo de conectar a realidade galega coa cultura universal.
No ano 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A lingoaxe i as lingoas e no ano 1983 convértese no primeiro presidente do Consello da Cultura Galega.
Así pois admirado ou cuestionado (incluso levouse a crítica da súa figura á literatura da man de Méndez Ferrín na súa novela Retorno a Tagen Ata), ocupa un lugar relevante na nosa cultura.

20/4/09

Visita de Gustavo Otero


O vindeiro 6 de maio, mércores, o ilustrador Gustavo Otero terá un encontro con todo o alumnado de primaria do noso centro no Auditorio da Casa de Cultura.
Gustavo Otero é ilustrador, mago e fai campañas de animación á lectura. Ademais é un gran comunicador: os seus encontros son auténticos espectáculos.

Podedes visitar a súa páxina web:
http://www.gustavootero.com/animacion.htm

Gústavos o cartel que está na foto? Se queredes ver outros máis, entrade en:
http://www.gustavootero.com/aficheslecturapablo.swf

El síndrome de Mozart


Temos na nosa biblioteca o libro de Gonzalo Moure "El síndrome de Mozart". Trata dunha adolescente que coñece a un rapaz co síndrome de Williams. Se buscades en youtube "Dueling Banjos Deliverance" veredes unha escena dunha película na que un rapaz con síndrome de Williams toca o banjo dunha forma asombrosa. Anímovos a que miredes o vídeo e vos animedes a ler o libro.
E non esquezades colgar os vosos comentarios!
Pilar Martínez

10/3/09

Día do libro

Lembramos a todo o alumnado que o día do libro, 23 de abril, organizarase, como todos os anos, o xogo do Amigo Invisible. O sorteo farase en breve. Un saludo. O departamento de Lingua Castelá

En un bosque de hoja caduca. Gonzalo Moure


Libro que trata de la preciosa relación entre una niña en el bosque de la Senda con un ruiseñor, experimentando en esta etapa un cambio de niña a mujer.