27/3/15

SMOKEY CITY





Asistimos  no auditorio da casa de cultura do concello de Meis á representación da obra teatral Smoke City, de produccións Malasombra.
Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que ao fin e ao cabo, é o contrario de vivir atrapado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini


26/3/15

EXPERIMENTO: A CIRCULACIÓN TERMOHALINA




Comprender os fenómenos que acontecen ao noso arredor é, sempre, máis fácil experimentanto. Con esta idea o profesorado  pon en marcha un novo programa destinado a todo o alumnado do Centro. Cada mes realizarán un experimento distinto. Comeza en marzo co principio da circulación termohalina, é dicir, a circulación da auga salgada dos océanos determinada pola diferencia de temperatura e salinidade.
A sesión foi explicada por un alumno e unha alumna de cuarto curso de Educación Secundaria.
Para realizar o experimento os alumnos empregaron un recipiente con  auga quente e outro con auga fría e salgada. Cada unha con distinta cor foi introducida nun  nun acuario separadas por un tabique. Ao retiralo o alumnado comprobou que a auga máis quente flotaba sobre a fría.



24/3/15

DÍA DA ÁRBORE

O alumnado do Centro viveu con especial interese as actividades programadas no día da árbore.
Os máis pequenos axudaron na plantación de exemplares das especies capudre, érbedo e sobreira.


Identificouse cunha placa a doce árbores do patio do centro.
Todo o alumnado participou nun roteiro para coñecer estas árbores. Foron os alumnos maiores de Primaria e Secundaria os que explicaron as súas  características aos seos compañeiros.