29/5/14

NÓS TAMÉN CONTAMOS CONTOS

Os alumnos de terceiro, quinto e sexto  actuaron como protagonistas en dúas sesións de contacontos realizadas na biblioteca do Concello de Meis.




21/5/14

CON FINA CASALDERREY

Todo o alumnado do centro leeu obras de Fina Casalderrey: "Eu son eu", "Chamizo", "Dúas bágoas por Máquina", "Faro Vello", "Quen me quere adoptar",  "O misterio dos fillos de Lúa", "A pomba  e o degolado", "Mutacións xenéticas" e "Asústate Merche".
A parte do libro de lectura, o alumnado elaborou diversos traballos:
o   Mural coa súa vida e obra máis destacada.
o   Actividades de expresión escrita: redaccións, resumos…

o   Kamishibai sobre a obra "Dúas bágoas por Máquina".




Grazas Fina por adicarnos un pouquiño do teu tempo para escoitar a versión en" kamishibai, feita polos alumnos/as de sexto, de  " Dúas bágoas por Máquina”.

20/5/14

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

En que casa vives ti? Paula Carballeira repasa con moito humor e imaxinación  os tipos de vivendas nas que habitan os seres humanos . Desfilan así, s casa de palla, a casa niño dos paxaros, a casa ás costas do caracol, a casa allea do cuco, a casa iglú ou a casa haima entre outras.


Nós ensinámoslle as nosas.


E para agradecer o bo rato que nos fixo pasar, Mónica regaloulle este alusivo marcapáxinas.


17/5/14

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Un día antes do 17 de maio, o venres 16, o EDNL do CPI realizou unha actividade arredor do literato que este ano escolleu a Real Academia Galega para lle dedicar o Día das Letras: Xosé María Díaz Castro.
Ao longo da semana anterior desenvolveuse unha intensa actividade orientada a preparar unha lectura significativa de dous poemas do autor de Guitiriz: “Esmeralda” e o por todos coñecido “Penélope”: precisouse recortar longos fragmentos de papel continuo para logo escribir sobre cada un deles un verso de poema. Aínda que así semella algo sinxelo de facer, houbo que dedicar moito tempo e o traballo de moitas persoas para conseguir compoñer os poemas!
Para levar a cabo a actividade despregamos os medios necesarios no pavillón de deportes e contamos coa inestimable colaboración do alumnado de toda Primaria e de ESO. É destacable o papel dos alumnos e alumnas que “voluntariamente” se enfrontaron ao micrófono para ler unha escolma biobliográfica de Díaz Castro ou recitar os poemas. A todos eles e máis aos asistentes, moitas grazas!
A lingua e a literatura galega precisa de 365 días ao ano e 24 horas ao día de “letras galegas”. Sen persoas coma Xosé María Díaz Castro, mais tamén sen xente coma ti que fale galego todos os días, o Día das Letras Galegas carece de sentido. Non o deixes fóra.




PENÉLOPE

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza dos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.



ESMERALDA
Herba pequerrechiña que con medo sorrís,
o sol que vai nacendo e morrendo sen ti,
porque de ser pequerrechiña  te me avergonzas ti?
O universo sería máis pequeno sen ti


15/5/14

POESÍAS EN PRIMAVERA

Co lema " En abril poesías mil " o noso alumnado une trazos,cores, palabras e rimas para crear esta composición colorista e alegre.