30/9/10

ESTÍBALIZ ESPINOSA, A NOSA VINDEIRA VISITA


O vindeiro día 20 de Outubro os alumnos de 3º e 4º Secundaria do CPI Mosteiro-Meis terán a oportunidade de desfrutar da visita da poetisa coruñesa Estíbaliz Espinosa.

Nacida no ano 1974 e licenciada en Filoloxía e Socioloxía, Estíbaliz deuse a coñecer coa obra "Mecánica Zeleste" en 1999. Posteriormente, gañou o premio Esquío coa obra "Pan". Ademais, ten escrito artículos e contos.

Para ir abrindo boca, déixovos cunha pequena antoloxía da súa obra e con un vídeo dun dos seus recitais poéticos.

22/9/10

COMEZA O NOVO CURSO

¡Benvidos a un novo curso escolar!

A biblioteca do CPI de Mosteiro infórmavos de como será o funcionamento durante o vindeiro curso 2010-2011:

A biblioteca estará aberta para préstamo de libros todos os recreos e polas tardes, de 16.30 a 18.10. Tendeen conta que necesitades ter o carné de usuario actualizado.

Como podedes ver, durante este longo e cálido verán temos feito unha remodelación do espazo para que sexa máis aproveitable e cómodo para todos. Esperamos que sexa do voso agrado.

Por outra banda, o equipo da biblioteca ten pensado organizar algunhas actividades, relacionadas tanto coas festividades fixas ó longo do curso como por outros motivos máis puntuais. Queremos que este sexa un espazo tanto para ler como para facer outras actividades, como contacontos, visionado de películas, etc.

En breve teredes á vosa disposición as bases do III certame de contos de Samaín. Esperamos unha ampla participación.

Lembramos a todo o mundo que sempre estamos abertos a novas suxerencias pola vosa banda que contribúan á mellora do funcionamento deste servizo, para o cal podedes usar tanto este blog como a páxina web. Esperamos que a biblioteca sexa un espazo agradable para visitar e compartir, tanto por alumnos coma por profesores. Unha vez máis, benvidos a todos.