25/10/17

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Ten por obxectivo destacar a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como intrumento de mellora da formación e a convivencia humana. Organizamos con este motivo unha lectura compartida para todo o alumnado de Primaria no patio escolar.