20/3/17

O ELEFANTE E A GALIÑA

Os nenos e nenas de 1º de Primaria estiveron traballando un conto fermoso do libro "Palabras de África" que remataron cun videomontaxe da historia. A historia titúlase "O elefante e a galiña" e pouco a pouco elaboraron os materiais e a historia. Despois de varios ensaios gravouse todo na aula e este foi o resultado. Agardamos que vos guste.


2/3/17

180 ANOS DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemoramos na Biblioteca o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun recital de poesía e a representación no teatriño de papel do libro  "Rosalía" de Helena Villar e Anxeles Ferrer da Fundación Rosalía de Castro.