17/12/14

CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS

Como en anos anteriores todo o alumnado do Centro participou no tradicional concurso de postais navideñas.
Estas son as  postais gañadoras, coas que o Centro felicita as festas a toda a Comunidade Educativa.



Hugo Rivero Rebollido 1º B



Sofía  Rodríguez Dávila. 2ºA ESO.

VISITA DE TIM BOWLEY E CHARO PITA


Tim Bowley e Charo Pita  compoñen un dúo artístico que vai contando as súas historias por  vilas e cidades a nenos e maiores.
Tim coa súa potente voz comeza a historia en inglés  e posteriormente Charo Pita faino en inglés. A mesma historia vista a través de dúas culturas e dous idiomas, deriva  nunha situación única e divertida.



Exposición dos libros de Tim Bowley


26/11/14

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Serva esta árbore para poñer de manifesto a nosa oposición a calquera tipo de violencia que vaia en contra da integridades, a dignidade e a liberdade das persoas.

A información é moi importantes para detectar e erradicar este mal da nosa sociedade.
Neste enlace temos moita información sobre a ciberviolencia.



25/11/14

MAGOSTO

Co moi bo tempo celebramos o magosto, o día 21 de novembro,  cunha farturenta castañada asada polo profesorado do centro.
E  non faltou a cita os tradicionais xogos populares que fixeroan a ledicia dos pequenos e maiores.



5/11/14

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este ano estreamos estas flamantes Mochilas Viaxeiras cheas de personaxes, viaxes fantásticas e moitas outras cousas máis para descubrir en familia.





Que terán!


Que nervios ?


Ímolo pasar moi ben!

1/11/14

CELEBRACIÓN DO SAMAIN

Na noite do Samaín, do 31 de outubro ao 1 de novembro, os celtas celebraban o fin das colleitas e recordaban e rendían culto aos antepasados falecidos.
Antigamente empregaban os cranios dos inimigos vencidos na batalla para alumealos e colocalos nas encrucilladas dos camiños para espantar aos espíritus  e almas malignas. Co  paso do tempo foron substituidos por humanizadas cabazas con candeas acendidas no seu interior.

Que che parecen as nosas cabazas?


29/10/14

COMPARTINDO UN CONTO

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares realizando unha actividade conxunta   onde os alumnos de cuarto, quinto e sexto de Primaria léronlle un conto aos maís cativos de primeiro, segundo e terceiro .  Amáis de mellorar distintos aspectos da lectura resultou unha agradable experiencia para acercar aos nenos de diferentes idades.

Quen a boa lectura se arrima
boa fortuna lle espera.



Que emocionante!


Outro día cóntaseme outro conto.



Momentos de lectura en exquisita  compañia.



22/10/14

RAZÓNS PARA LER

Abrir un libro, pasar as súas follas, soñar, descubrir, aprender... Todos temos  algunha razón para ler.



Cal é túa?

9/6/14

EXPOSICIÓN FOTOS ANTIGAS

Inauguramos  no  Colexio o día 5 de xuño unha exposición de fotografías antigas  sobre o municipio, que permanecerá aberta ao público ata final de curso para pasar logo a disposición do Concello e asociacións culturais durante o verán.
Na exposición móstranse imaxes dos anos cincuenta, sesenta, setenta, e oitenta aportadas por mestres e alumnos.


29/5/14

NÓS TAMÉN CONTAMOS CONTOS

Os alumnos de terceiro, quinto e sexto  actuaron como protagonistas en dúas sesións de contacontos realizadas na biblioteca do Concello de Meis.




21/5/14

CON FINA CASALDERREY

Todo o alumnado do centro leeu obras de Fina Casalderrey: "Eu son eu", "Chamizo", "Dúas bágoas por Máquina", "Faro Vello", "Quen me quere adoptar",  "O misterio dos fillos de Lúa", "A pomba  e o degolado", "Mutacións xenéticas" e "Asústate Merche".
A parte do libro de lectura, o alumnado elaborou diversos traballos:
o   Mural coa súa vida e obra máis destacada.
o   Actividades de expresión escrita: redaccións, resumos…

o   Kamishibai sobre a obra "Dúas bágoas por Máquina".




Grazas Fina por adicarnos un pouquiño do teu tempo para escoitar a versión en" kamishibai, feita polos alumnos/as de sexto, de  " Dúas bágoas por Máquina”.

20/5/14

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

En que casa vives ti? Paula Carballeira repasa con moito humor e imaxinación  os tipos de vivendas nas que habitan os seres humanos . Desfilan así, s casa de palla, a casa niño dos paxaros, a casa ás costas do caracol, a casa allea do cuco, a casa iglú ou a casa haima entre outras.


Nós ensinámoslle as nosas.


E para agradecer o bo rato que nos fixo pasar, Mónica regaloulle este alusivo marcapáxinas.


17/5/14

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Un día antes do 17 de maio, o venres 16, o EDNL do CPI realizou unha actividade arredor do literato que este ano escolleu a Real Academia Galega para lle dedicar o Día das Letras: Xosé María Díaz Castro.
Ao longo da semana anterior desenvolveuse unha intensa actividade orientada a preparar unha lectura significativa de dous poemas do autor de Guitiriz: “Esmeralda” e o por todos coñecido “Penélope”: precisouse recortar longos fragmentos de papel continuo para logo escribir sobre cada un deles un verso de poema. Aínda que así semella algo sinxelo de facer, houbo que dedicar moito tempo e o traballo de moitas persoas para conseguir compoñer os poemas!
Para levar a cabo a actividade despregamos os medios necesarios no pavillón de deportes e contamos coa inestimable colaboración do alumnado de toda Primaria e de ESO. É destacable o papel dos alumnos e alumnas que “voluntariamente” se enfrontaron ao micrófono para ler unha escolma biobliográfica de Díaz Castro ou recitar os poemas. A todos eles e máis aos asistentes, moitas grazas!
A lingua e a literatura galega precisa de 365 días ao ano e 24 horas ao día de “letras galegas”. Sen persoas coma Xosé María Díaz Castro, mais tamén sen xente coma ti que fale galego todos os días, o Día das Letras Galegas carece de sentido. Non o deixes fóra.




PENÉLOPE

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza dos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.



ESMERALDA
Herba pequerrechiña que con medo sorrís,
o sol que vai nacendo e morrendo sen ti,
porque de ser pequerrechiña  te me avergonzas ti?
O universo sería máis pequeno sen ti


15/5/14

POESÍAS EN PRIMAVERA

Co lema " En abril poesías mil " o noso alumnado une trazos,cores, palabras e rimas para crear esta composición colorista e alegre.

29/4/14

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril, o equipo de biblioteca organizou distintas actividades.

As Bibliotecas de Aula póñense de gala.



As máis motivadoras e atractivas reciben o seu premio.



Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria cóntanlle aso máis pequenos As zapatillas de Sofía de Frederick Lipp e Nasrudin de Odile Weulersse.


O alumnado de terceiro curso estrean o Teatrillo Kamishibai para conterlles aos sus compañeiros a fermosa historia do poeta Frederick de Leo  Lionni.

Como te sentirías sendo un personaxe dun dos teus contos favoritos? Gustaríache ser vaqueiro, indio, aventureiro, soñador...?
Manolo Solla coas súas propostas fai entrar aos nenos e nenas no máxico mundo da lectura.








25/3/14

MEIS NO TEMPO

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Aproveitamos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para realizar distintos traballos para a educación en valores,  a prol da igualdade de alumnos e alumnas e para recoñecemento das importantes achegas que as mulleres fixeron  e fan a sociedade e que carecen en moitos casos de visibilidade.

13/3/14

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Participando temos unha boa oportunidade para coñecer, apreciar e valorizar o noso patrimonio histórico-artístico.


25/2/14

DÍA DE ROSLÍA

Para celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía, o 24 de febreiro, os alumnos e alumnas do noso Centro recitan poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

Lugar máis hermoso
no mundo n´achara
que aquél de Galicia.
¡Galicia encantada!
(...)


Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
(...)


Vente, rapaza
vente, meniña
vente a lavar
no pilón da fontiña.
(...)


Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
(...)


Teño tres pitas brancas 
e un galo negro
que han de poñer bos ovos
andando o tempo;
(...)


Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro
miña Virxe si quixera.


Adiós ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos;
non sei cándo nos veremos.
(...)


Miña Santiña,
 miña Santasa,
miña cariña 
de calabasa:
(...)



Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
i eu non meacordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
(...)












7/2/14

UN CANTO Á PAZ

Estreamos, co soño de Amina de Anna Gasol, este teatrillo de orixe xaponés que se emprega para contar historias.
Amina vive nunha cidade en guerra. Ela cóntalle a súa nai os seus desexos de vivir nun lugar en paz onde os nenos e as nenas poidan xogar na rúa e non teñan medo a ir a escola.



O Soña de Amina é un auténtico canto a Paz.