15/6/17

PAIXÓN POLOS CLUBS DE LECTURA


O pracer de ler nos clubs de lectura non deixa de crecer no noso centro. Aos clubs de Secundaria e sexto de Primaria únese o club "Sonos de papel" de terceiro de Primaria


Aquí tedes unha das súas intervencións na radio escolar.




14/6/17

FINA CASALDERREY

Despaciño pareceulles,aos alum@s de 2º e 3º de Primaria, que xiraba a terra cando Fina Casalderrey faloulles da forza das palabras e dos bos sentimentos.

Escoita a entrevista que lle fixeron Pedro, Enzo, Lucía e Kadhija.



18/5/17

A VIDA DE CARLOS CASARES EN RAP

Para festexar o día das Letras Galegas que este ano 2017 homenaxea a Carlos Casares, nunha aula do CPI Mosteiro Meis o alumnado retou ao seu profesor a que lles rapeara a vida de Carlos Casares. E este foi o resultado.

8/5/17

ANTÓN CORTIZAS

O día 4 de maio Antón Cortizas estivo coas alumnas e alumnos de segundo curso de primaria para falarlles do seu libro "O lapis de Rosalía".



Pásarono moi ben coas historias do máxico lapis e co obradoiro de xogos de papel.


E tivo tempos para unha pequena entrevista na radio da nosa escola.





4/5/17

PLANETARIO NA BIBLIOTECA

A nosa Biblioteca convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións. Música, proxeccións, realidade aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.


25/4/17

MARCOS CALVEIRO

Visitounos Marcos Calveiro para falar dos  seus libros  "Unha casiña branca", "Palabras de Auga" e "O pintor do sombreiro de malvas", que leron os alumnos e alumnas de 4 ºe  5º  de Primaria e 1º de ESO.

Sara, Alex, Nerea e Carla aproveitaron para facerlle unha pequena entrevisra na radio escolar.