10/6/19

Visita de Iago López

O alumnado de Primaria puido disfrutar do contacontos Iago López. A súa voz indescriptible levounos a vivir con el as aventuras do cociñeiro Martiño.



XOGOS PARA TODOS NAS LETRAS GALEGAS

O equipo da Biblioteca preparou varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, en honor do etnógrafo e antropólogo Antón Fraguas.

Colaboramos co equipo de Normalización Lingüística na actividade de Premios a cambio de Verbas.




Organizamos unha gymkana con preguntas sobre Antón Fraguas, na que participaron 19 equipos multinivel con alumnado de Primeiro a Cuarto de Primaria. Aqueles que foron quen de atopar máis respostas correctas levaron premio!




Os alumnos de Primeiro e de Cuarto da ESO foron invitados a resolver o misterio do libro de Antón Fraguas desaparecido, un xogo de escape que puxo a proba a súa astucia de xeitos moi variados.






VISITA DE XELÍS DE TORO

O alumnado de 3º de Primaria leu este curso "O trompetista e a lúa", de Xelis de Toro. O autor visitounos para contarnos o conto, acompañado de música en directo.






A visita do autor foi a ocasión perfecta para formularlle tódalas preguntas que tiñan preparadas.


9/6/19

UNHA NOVA BIBLIOTECA PARA O CPI MOSTEIRO-MEIS

Novo chan, pintado das paredes, novo mobiliario, reubicación dos libros, ... case todo cambiou este curso na Biblioteca do CPI Mosteiro-Meis! Podedes ver a continuación o resultado dun traballo en equipo no que tanto os Voluntarios como o profesorado axudou arreo.
Agardámosvos!