O equipo da Biblioteca preparou varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, en honor do etnógrafo e antropólogo Antón Fraguas.
Colaboramos co equipo de Normalización Lingüística na actividade de Premios a cambio de Verbas.
Organizamos unha gymkana con preguntas sobre Antón Fraguas, na que participaron 19 equipos multinivel con alumnado de Primeiro a Cuarto de Primaria. Aqueles que foron quen de atopar máis respostas correctas levaron premio!
Os alumnos de Primeiro e de Cuarto da ESO foron invitados a resolver o misterio do libro de Antón Fraguas desaparecido, un xogo de escape que puxo a proba a súa astucia de xeitos moi variados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario