Un día antes do 17 de maio, o venres 16, o EDNL do CPI realizou unha actividade arredor do literato que este ano escolleu a Real Academia Galega para lle dedicar o Día das Letras: Xosé María Díaz Castro.
Ao longo da semana anterior desenvolveuse unha intensa actividade orientada a preparar unha lectura significativa de dous poemas do autor de Guitiriz: “Esmeralda” e o por todos coñecido “Penélope”: precisouse recortar longos fragmentos de papel continuo para logo escribir sobre cada un deles un verso de poema. Aínda que así semella algo sinxelo de facer, houbo que dedicar moito tempo e o traballo de moitas persoas para conseguir compoñer os poemas!
Para levar a cabo a actividade despregamos os medios necesarios no pavillón de deportes e contamos coa inestimable colaboración do alumnado de toda Primaria e de ESO. É destacable o papel dos alumnos e alumnas que “voluntariamente” se enfrontaron ao micrófono para ler unha escolma biobliográfica de Díaz Castro ou recitar os poemas. A todos eles e máis aos asistentes, moitas grazas!
A lingua e a literatura galega precisa de 365 días ao ano e 24 horas ao día de “letras galegas”. Sen persoas coma Xosé María Díaz Castro, mais tamén sen xente coma ti que fale galego todos os días, o Día das Letras Galegas carece de sentido. Non o deixes fóra.
PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza dos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
ESMERALDA
Herba pequerrechiña que con medo sorrís,
o sol que vai nacendo e morrendo sen ti,
porque de ser pequerrechiña te me avergonzas ti?
O universo sería máis pequeno sen ti
No hay comentarios:
Publicar un comentario