Dende o equipo da Biblioteca queremos impulsar este curso un Obradoiro de escritura creativa para todo o alumnado de Primaria. A nosa primeira proposta foi que cada clase creara dous contos mínimos. Os contos mínimos son contos moi breves cun xogo de rimas sinxelo. Nunha frase enúnciase unha personaxe e a acción, e na siguiente frase queda como conclusión do relato. Estes contos non soen ter máis de tres o catro liñas.
Os nenos e nenas traballaron arreo para que os contos quedaran o máis bonitos posible. Reunimolos todos nun libriño moi fermoso que está aínda circulando polas aulas do cole. Queredes velo vos tamén?
No hay comentarios:
Publicar un comentario