A vindeira semana abriremos Bibliomosteiro o luns e o martes nos recreos de primaria e secundaria. Non haberá servizo de préstamo nos recreos porque a biblioteca vaise tornar nun espazo de cine de curtametraxes de animación galegas relacionadas coa temática do momento.
Antes das proxeccións o Equipo da Biblioteca dará unha pequena charla explicando as técnicas de animación que se empregan nestas curtas (stop motion, claymation,…).
OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO
Curtamatraxe galega de animación en plastilina (claymation) baseada nun relato do libro A lus do candil, de Anxel Fole e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. (de Flocos.tv)
Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.
FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS
Curta en animación intervalométrica que adapta a obra homónima de Fina Casalderrey e Teresa Lima e dirixida por Karla Castañeda. Forma parte do proxecto Historias do camiño
Fiz non era como os outros nenos: Era o máis medorento do mundo.
OS SETE CABRITOS
Curta en animación intervalométrica que adapta a obra homónima de Tareixa Alonso e Teresa Lima e dirixida por Ismael Mon.Forma parte do proxecto Historias do camiño
Había unha vez nunha cabana no medio do monte unha mamá cabra que vivía cos seus sete fillos.
NON AS PODES DEIXAR DE VER!
No hay comentarios:
Publicar un comentario