Nos anos 40, as irmás Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez eran en Ribadabia, a cabeza visible dunha rede clandestina que ocultaba os xudeus e lles facilitaba a través da fronteira portuguesa, a fuxida cara países onde quedarían a salvo do nazismo.Lembremos que no holocausto morreron arredor de seis millóns de xudeus, e estas galegas contribuíron a salvar arredor de medio millar de persoas. Para elas o noso recoñecemento e a nosa lembranza neste día da muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario