25/10/20

DÍA DA BIBLIOTECA... NAS REDES SOCIAIS!

O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este ano, e neste día, sábado, a nosa está pechada... ou non! Abrimos virtualmente a Biblioteca do CPI Mosteiro-Meis nas redes sociais: Instagram, Twitter, Facebook e Tik Tok

Inauguramos esta última cun video respondendo á pregunta " Por que me gusta ir á Biblioteca?" cunha referencia á  temática proposta pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, Xeografías Lectoras. Podédelo ver aquí

Animámosvos a dicirnos en vídeo por que vos gusta vir á Biblioteca do CPI Mosteiro-Meis, como xa fixo a nosa compañeira Sonia. Se sodes usuarios de Tik Tok, non esquezades etiquetarnos (@bibliocpimosteiromeis). Se o preferides, podédelo enviar ao noso correo biblioteca@cpimosteiromeis.com :-) 

E por suposto, dende hoxe, animámosvos a visitarnos tamén virtualmente ;-) 




No hay comentarios: