Hoxe, 19 de outubro, celébrase o Día das Escritoras.
Malia as circunstancias actuais, que nos impiden abrir a nosa Biblioteca escolar, queremos rendir homenaxe aos centos de escritoras que temos a oportunidade de ler.
Ledicia Costas, Agatha Christie, Fina Casalderrey, Ana María Matute, Rosalía de Castro, Ana Frank, Berta Dávila, J.K. Rowling, Antía Yáñez... son só algunhas das que podes atopar na nosa Biblioteca.
CONCURSO
Propoñémosche que esta semana, na que o sábado 24 se celebra o Día da Biblioteca, participes nun CONCURSO co tema do noso Proxecto Documental deste ano "Mulleres que contaron".
Aproveitando que nas circunstancias actuais temos que recorrer máis que nunca á tecnoloxía, pensamos en que escribas un microrrelato de 280 caracteres coma máximo, que é xusto o que permite o formato da rede social Twitter.
COMO PARTICIPAR
Podes escribir o teu microrrelato de 3 maneiras diferentes:
- Escribindo o teu microrrelato en papel e entregándollo a Miriam en Conserxería. Aquí tes un modelo tipo Twitter, por se che apetece imprimilo e escribilo neste formato.
- Escribindo o teu microrrelato no seguinte formulario que nos chegará directamente ao Equipo da Biblioteca.
Formulario de participación no concurso Día das Escritoras
- Se tes unha conta de Twitter, podes escribir directamente o teu relato nun chío (tweet) e etiquetarnos noutra publicación coa inscrición "Participei no concurso de microrrelatos de @bibliomosteiro".
Os gañadores recibirán un agasallo da nosa Biblioteca escolar.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar: alumnado, familias, profesorado, persoal non docente... e facémolo cunha frase dunha famosa autora destes últimos anos, Laura Gallego:
«Para eso sirven los sueños ¿No?
Para enseñarnos hasta dónde podemos llegar».
No hay comentarios:
Publicar un comentario