Estar en paz con nós mesmos e cos demais, mellorar a convivencia escolar, superar a exclusión e a pobreza, educar na tolerancia e nos dereitos humanos, son actitudes que debemos ter presentes os 365 día do ano.
Bibliomosteiro habilitou un espazo con libros sobre a tolerancia, a convivencia e a paz na zona de maior tránsito do Centro para que o alumnado os poidera ollar, escoller e levar para a súa casa de forma autónoma, só con cumprimentar unha ficha.
Cada alumno do Centro confeccionou un marcador de páxinas que intercambiou na casa por alimentos non perecedeiros que foron doados á Fundación Amigos de Galicia a través do Concello de Meis.
Canción e Manifesto pola PAZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario