O equipo da Biblioteca preparou varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, en honor do etnógrafo e antropólogo Antón Fraguas.
Colaboramos co equipo de Normalización Lingüística na actividade de Premios a cambio de Verbas.
Organizamos unha gymkana con preguntas sobre Antón Fraguas, na que participaron 19 equipos multinivel con alumnado de Primeiro a Cuarto de Primaria. Aqueles que foron quen de atopar máis respostas correctas levaron premio!
Os alumnos de Primeiro e de Cuarto da ESO foron invitados a resolver o misterio do libro de Antón Fraguas desaparecido, un xogo de escape que puxo a proba a súa astucia de xeitos moi variados.
10/6/19
VISITA DE XELÍS DE TORO
O alumnado de 3º de Primaria leu este curso "O trompetista e a lúa", de Xelis de Toro. O autor visitounos para contarnos o conto, acompañado de música en directo.
A visita do autor foi a ocasión perfecta para formularlle tódalas preguntas que tiñan preparadas.
A visita do autor foi a ocasión perfecta para formularlle tódalas preguntas que tiñan preparadas.
9/6/19
UNHA NOVA BIBLIOTECA PARA O CPI MOSTEIRO-MEIS
Novo chan, pintado das paredes, novo mobiliario, reubicación dos libros, ... case todo cambiou este curso na Biblioteca do CPI Mosteiro-Meis! Podedes ver a continuación o resultado dun traballo en equipo no que tanto os Voluntarios como o profesorado axudou arreo.
Agardámosvos!
Agardámosvos!
4/6/18
AXUDANTES BIBLIOTECARIOS
Xa na recta final do curso queremos agradecer a colaboración dos nosos axudantes bibliotecarios. Sempre dispostos a colaborar, facendo os préstamos, atendendo aos ordenadores, ordeando libros, recomendando libros aos máis pequenos...
25/5/18
GALICIENCIA.PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: 3R E CAMBIO CLIMÁTICO
O alumnado de 4º de primaria levou a a Galiciencia o su proxecto "3R e Cambio Cimático" que pretende fomentar no noso entorno a reducción, reutilización e reciclaxe do lixo que se xera.
4/5/18
ADRIÁN MORGADE E XINFU NA MALDICIÓN GUACHUKI
Adrian Morgade estivo hoxe co alumnado de terceiro e quinto curso de Primaria para falarlles das peripecias e aventuras dos canciños protagonisatas do seu cómic " Xinfu na maldición guachuki"

Durante as últimas semanas os nen@s pasáronno moi ben coa lectura desta obra e a realización de actividades relacionadas co mundo do cómic.
Adrián faloulles das distintas fases para realizar un cómic, contestou as súas preguntas e rematou a sesión facéndolles un debuxiño e asinando os exemplares dos nenos e nenas.

Durante as últimas semanas os nen@s pasáronno moi ben coa lectura desta obra e a realización de actividades relacionadas co mundo do cómic.
Máis tarde pasou polas instalacións da radio do colexio sendo entrevistado por Mariña, Daniela e Brais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















