Google lembra a Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento adicándolle a súa cabeceira.
No "doodle" pódese ver o logotipo de Google no que as "oes" foron reemplazadas polo escudo de Galicia e o retrato de Rosalía. No fondo vense unhas montañas verdes atravesadas por un río azul que leva escrito o poema Adiós ríos, adiós fontes...
30/1/15
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
O día Escolar da Non Violencia e da Paz celébrase o día 30 de xaneiro de cada ano no aniversario da morte de Mathama Gandhi.
Sendo conscientes de que ainda se pode cambiar as culturas de imposición, de medo e de especulación en culturas de diálogo e de reconciliación puxémonos a imaxinar......
Imaxinar xente en paz, un mundo sen paises, sen fame, sen codicia.
Imaxinar a toda a xente compartindo o mundo.

Recollida de alimentos.
26/1/15
DESCRIPCIÓNS MOSTRUOSAS
Como vedes o noso taller de escritura creativa segue a dar excelentes traballos.
Nesta exposición de descripcións mostruosas tratábase de imaxinar un mostruo e describilo con moita fantasía e creatividade. O alumnado de quinto animouse a a facelo tamén en inglés.
Nesta exposición de descripcións mostruosas tratábase de imaxinar un mostruo e describilo con moita fantasía e creatividade. O alumnado de quinto animouse a a facelo tamén en inglés.
21/1/15
CONTOS MÍNIMOS
Dende o equipo da Biblioteca queremos impulsar este curso un Obradoiro de escritura creativa para todo o alumnado de Primaria. A nosa primeira proposta foi que cada clase creara dous contos mínimos. Os contos mínimos son contos moi breves cun xogo de rimas sinxelo. Nunha frase enúnciase unha personaxe e a acción, e na siguiente frase queda como conclusión do relato. Estes contos non soen ter máis de tres o catro liñas.
Os nenos e nenas traballaron arreo para que os contos quedaran o máis bonitos posible. Reunimolos todos nun libriño moi fermoso que está aínda circulando polas aulas do cole. Queredes velo vos tamén?
Os nenos e nenas traballaron arreo para que os contos quedaran o máis bonitos posible. Reunimolos todos nun libriño moi fermoso que está aínda circulando polas aulas do cole. Queredes velo vos tamén?
17/12/14
CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS
Como en anos anteriores todo o alumnado do Centro participou no tradicional concurso de postais navideñas.
Estas son as postais gañadoras, coas que o Centro felicita as festas a toda a Comunidade Educativa.
Hugo Rivero Rebollido 1º B
Sofía Rodríguez Dávila. 2ºA ESO.
VISITA DE TIM BOWLEY E CHARO PITA
Tim Bowley e Charo Pita compoñen un dúo artístico que vai contando as súas historias por vilas e cidades a nenos e maiores.
Tim coa súa potente voz comeza a historia en inglés e posteriormente Charo Pita faino en inglés. A mesma historia vista a través de dúas culturas e dous idiomas, deriva nunha situación única e divertida.
Exposición dos libros de Tim Bowley
Suscribirse a:
Entradas (Atom)