4/2/14

365 DÍAS DE PAZ



Estar en paz con nós mesmos e cos demais, mellorar a convivencia escolar, superar a exclusión e a pobreza, educar na tolerancia e nos dereitos humanos, son actitudes que debemos ter presentes os 365 día do ano.



Bibliomosteiro habilitou un espazo con libros sobre a tolerancia, a convivencia e a paz na zona de maior tránsito do Centro para que o alumnado os poidera ollar, escoller e levar para a súa casa de forma autónoma,  só con cumprimentar unha ficha.



Cada alumno do Centro confeccionou un marcador de páxinas que intercambiou  na casa por alimentos non perecedeiros  que foron doados á Fundación Amigos de Galicia a través do Concello de Meis.






Canción e Manifesto pola PAZ




23/1/14

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Contamos coa colaboración de 15 voluntari@s de sexto curso que un día a semana relizan diversas tarefas. Colocan, ordean , clasifican libros e responden as dúbidas que poida ter o alumnado que asiste á biblioteca nas horas do recreo. No terceiro trimestre formarán ao grupo que o vindeiro curso serán os axudantes da biblioteca.
Grazas pola vosa colaboración

20/12/13

UN NADAL DE CONTO

As nenas e nenos do noso centro escolleron candanseu  conto clásico para ler e realizar distintas actividades. Os seus personaxes e toda a comunidade educativa do C.P.I. Mosteiro-Meis xuntámonos neste "nadal de conto" para desexarvos unhas FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO.

9/12/13

MURAIS SOBRE OS DERETOS DOS NENOS

Os rapaces e rapazas do centro traballaron durante varias xornadas na confección duns murais para transmitir a necesidade de que os dereitos máis elementais das persoas deben comezar a cumprirse dende a  infancia.

25/11/13

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coa confección deste lazo azul  o C.P.I. Mosteiro manifesta o seu rechazo a violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa por razón de xénero.


En moitos paises as mulleres carecen de todos os dereitos, como Malala Yousafzai que foi tiroteada por contar nun blog os problemas que tiñan as nenas paquístaníes para recibir educación ou Shahnaz, asasinada por dar clases ás nenas.
Nas sesións de animación á lectura da nosa biblioteca fomentamos os principios de igualdade e a non discriminación por razón de sexo.