Celebramos o Día do Libro no CPI Mosteiro-Meis.
Profesorado e alumnado adicaron os últimos días a preparar esta conmemoración con propostas moi interesantes.
O alumnado de 3º de Educación Primaria encheu toda unha parede con propostas de libros respondendo á pregunta "E ti que les?"
As portas das aulas de 1º da ESO foron decoradas polos seus habitantes baixo o lema "Mi puerta, mi libro".
Nas redes sociais da Biblioteca propuxemos este booktag para compartirmos e descubrir as nosas lecturas. Podedes atoparnos en Facebook (@bibliocpimosteiromeis) e en Instagram, Twitter e Tik Tok como @bibliomosteiro.
E rematamos esta celebración coa entrega de premios do concurso de marcapáxinas ás gañadoras: Mencía Costas, de 5º de Educación Primaria; e Aroa e Irene Gómez Barros, de 1º da ESO.
Este ano, seguimos lendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario