Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase en todo o mundo o Día da Nena e da Muller na Ciencia.
Este ano decidimos propoñer ao noso alumnado un xogo de adiviña que nos fixera ademais reflexionar sobre o pouco que coñecemos as caras de científicas de renome.
Logo dun día de intriga, destapamos nomes e revelamos as biografías das científicas escollidas, e magníficamente ilustradas por Marta Riera.
Ademais disto, expuxemos no corredor que leva á Biblioteca outros fitos científicos acadados por mulleres.
Nas aulas, os profesores de Bioloxía e Física e Química, Camilo Ojea e Francisco Domínguez Oubiña, xogaron co alumnado a coñecer os descubrimentos destas mulleres.
Unha xornada completa adicada a recordar que, tamén na Ciencia, as mulleres están presentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario