Hoxe celebramos o
Día das Bibliotecas Escolares. É un bo momento para dar relevancia a nosa biblioteca
na comunidade educativa. De
abrir as portas da biblioteca e deixar que os libros inunden o espazo escolar,
que acudan as mans dos lectores e lectoras para que os examinen, os aprecien e para que cambien impresions cos seus compañeiros e compañeiras. En definitiva que se acostumen
a valorar a importancia dos libros e da lectura.
Unha vez escollidos os libros, os alumnos e alumnas dos cursos superiores (4º a 6ª) compartiron un momento de lectura cos máis pequenos (1º a 3º). Con esta actividade pretendese mellorar a lectura e favorecer as relacións interpersoais do centro e o acercamento entre nenos e nenas de diferentes idades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario