Os nenos e nenas de 1º de Primaria estiveron traballando un conto fermoso do libro "Palabras de África" que remataron cun videomontaxe da historia.
A historia titúlase "O elefante e a galiña" e pouco a pouco elaboraron os materiais e a historia. Despois de varios ensaios gravouse todo na aula e este foi o resultado. Agardamos que vos guste.
2/3/17
180 ANOS DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro conmemoramos na Biblioteca o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun recital de poesía e a representación no teatriño de papel do libro "Rosalía" de Helena Villar e Anxeles Ferrer da Fundación Rosalía de Castro.
3/2/17
AS ÁRBORES DA PAZ
Wangari soupo ver que a paz na terra depende da nosa capacidade para garantir a supervivencia do noso medio natural. O seu enfoque sobre o desenvolvemento sustentable abarca a democracia, os dereitos humanos e os dereitos da muller en particular. "Pensa globalmente e actúa a escala local"
Traballo realizado polo alumnado de sexto de primaria para o día da paz sobre o libro de Jeannette Winter.
30/1/17
DÍA DA PAZ
Co motivo do festexo do Día da Paz este 30 de xaneiro sensibilizamos ao alumnado de Primaria sobre @s nen@s refuxiad@s de Siria. Na clase explicouse o motivo de que Siria esté en guerra e puidemos entender mellor o que sinten @s nen@s dese país con videos como este de Save the Children ou este outro de UNICEF.
Dende as clases de 3º de Primaria, o alumnado gravou unha serie de mensaxes de esperanza e ánimo para @s nen@s que por causa da guerra non poden voltar ás súas casas. Este foi o resultado.
12/1/17
BITÁCORA DO CLUB DE LECTURA
O club de lectura xa ten a súa propia bitácora, visítaa premendo na imaxe.
21/12/16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

