30/1/17
DÍA DA PAZ
Co motivo do festexo do Día da Paz este 30 de xaneiro sensibilizamos ao alumnado de Primaria sobre @s nen@s refuxiad@s de Siria. Na clase explicouse o motivo de que Siria esté en guerra e puidemos entender mellor o que sinten @s nen@s dese país con videos como este de Save the Children ou este outro de UNICEF.
Dende as clases de 3º de Primaria, o alumnado gravou unha serie de mensaxes de esperanza e ánimo para @s nen@s que por causa da guerra non poden voltar ás súas casas. Este foi o resultado.
12/1/17
BITÁCORA DO CLUB DE LECTURA
O club de lectura xa ten a súa propia bitácora, visítaa premendo na imaxe.
21/12/16
14/12/16
GALICIENCIA 2016
Por terceiro ano os nosos alumnos participaron en Galiciencia, feira científica que se celebra en Ourense na que os rapaces e rapazas de ESO e Bacherelato expoñen as súas ideas innovadores, cos seguintes proxectos:
AVISTAMENTO DE CETÁCEOS
Traballo realizado sobre o avistamento de cetáceos mariños
na Ría de Pontevedra a partir dos datos da Coordinadora para o estudo dos
mamíferos mariños.
INVESTIGACIÓN SOBRE ESPECIES INVASORAS NO REGATO DE SANTO
TOMÉ
Consistiu en buscar
aquelas especies invasoras que se poden atopar nun río próximo ao colexio, o regato de San Tomé. Nese pequeno espazo existen máis de dez especies diferentes que non
son propias dese ecosistema. «A acacia, a herba dá pampa e ou bambú son as especies invasoras máis comúns.
28/11/16
25/11/16
O CPI MOSTEIRO REXEITA O MALTRATO E A VIOLENCIA
O alumnado de 4º da ESO do CPI Mosteiro Meis de Pontevedra sensibilízanse fronte á violencia machista cunha curtametraxe para o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron uns debuxos onde mostran situacións nas que hai amor e nas que hai desamor e explícannos como o ven.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron uns debuxos onde mostran situacións nas que hai amor e nas que hai desamor e explícannos como o ven.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
