O kamishibai musicado "A cociñeira do rei" tivo un público moi especial: Soledad Felloza, a autora do conto. Para ela foi moi emocionante ver como os nenos e nenas dramatizaban, cantaban e inventaban unha "banda sonora" con Mencía e o resto de personaxes do seu conto; e para os alumnos foi unha experiencia única coñecer e gozar do arte desta polifacética muller.
Grazas por unha visita tan doce!
Antonio García Teijeiro mantivo un emotivo encontro cos alumnos e alumnas do Centro, que puideron disfrutar do recitado dos seus versos e dun pequeno taller de poesía onde conxuntamente elaboraron un musical e alegre poema.
O autor vigués escribiu, entre outro libros, A fogueira dos versos galardonado con Premio Merlín e o Premio Pier Paolo Vergerio.
Esta iniciativa pretende fomentar o hábito da lectura entre o alumnado e de desenrolar o gusto pola lectura.
Traballos dos alumnos e alumnas sobre Antonio García Teijeiro
As explicacións de Paula e Oscar espertaron gran interese entre o alumnado no experimento do mes adicado a química.
Na primeira experiencia puideron observar a reacción do sodio coa auga na que se desprende hidróxeno, gas que é altamente inflamable en concentracións altas e que arde en presencia do osíxeno do aire. As chamas producidas inician a combustión do barco feito con papel de filtro.
No seguinte experiemento apreciamos como a col lombarda (que exerce como indicador natural) cambia de cor en función do seu PH.
Dentro das actividades programadas pola Biblioteca, a profesora do Centro, Pilar Martínez contounos entre outros o seu conto A GALIÑA ROXA, editado por Kalandraka.
Había unha vez unha galiña roxa que vivía nunha granxa cos seus pitiños. Se queres seguir lendo máis clica na imaxe da galiña.