25/2/16
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Fermosa interpretación do poema de Rosalia de Castro realizada polas alumnas e alumnos de cuarto de primaria no Día de Rosalía.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Lembramos o día do nacemento de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, con diversas actividades.
Elaboramos postais con debuxos alusivos a estrofa "Alborada" de Cantares Galegos.
Canta paxariño alegre
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Os alumnos e alumnas colocamos as postais en dous grandes murais na biblioteca e nos pasillos do Centro.
Representamos a vida e a obra de Rosalía de Castro nun Kamishibai con música.
E recitamos poemas de Cantares Galegos.
2/2/16
30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ
Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Hoxe os alumnos e alumnas do CPI Mosteiro-Meis unimos as nosas mans para formar este retrato de Gandhi, coa esperanza de que unidas freen as guerras e a violencia que nos fan tanto dano.
Lectura do manifesto pola Paz.
27/1/16
A ÁRBORE XENEROSA
Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargados da
realización do video da obra de Shel Silvertein, A árbore xenerosa.
Unha historia para reflexionar sobre a sustentabilidade,
proxecto de Centro do presente curso.
Podemos describir o libro como a desigual relación entre o
planeta e a especie humana que toma una boa parte dos recursos da natureza e non
deixa nada a cambio.
17/1/16
VENRES DE CINE
O señor Morris é un amante dos
libros e tamén goza escribindo. Con todo, cando chega o gran furacán o libro de
Morris vóase xunto co resto do pobo, as sús casas, as sús rúas, as sús persoas.
Cando pasa o temporal, o pobo queda abatido.
Morris deambula polas que antes eran rúas, perdido e totalmente baleiro sen o
seu libro.
No medio da desolación aparécese ante Morris unha muller que voa grazas a que miles de libros multicolores sostéñena; ela entrégalle a Morris un libro e con iso “sálvao" da tristeza.Morris é conducido ao gran paraíso para quen ama os libros: a biblioteca. No seu novo fogar Morris dedica a vida aos libros, cóidaos literalmente, restáuraos si así o requiren, ordénaos e dálles vida compartíndoos cos lectores que chegan á biblioteca en busca dalgunha lectura. Os libros devólvenlle a Morris a vida que parecía perdida tralo furacán.Co tempo Morris vaise volvendo vello e enfermo; esta vez son os libros quen o coidan a el, léndolle un conto cada noite. Morris está chegando ao final da vida, terminou de escribir o seu libro e, do mesmo xeito que a muller dos libros voladores, Morris é elevado por miles de libros multicolores que voan e condúceno ao seu descanso eterno.Unha nena pequena entra á biblioteca e nas súas mans é depositado o libro que contén a vida de Morris...así todo volve comezar.

21/12/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)