Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargados da
realización do video da obra de Shel Silvertein, A árbore xenerosa.
Unha historia para reflexionar sobre a sustentabilidade,
proxecto de Centro do presente curso.
Podemos describir o libro como a desigual relación entre o
planeta e a especie humana que toma una boa parte dos recursos da natureza e non
deixa nada a cambio.
O señor Morris é un amante dos
libros e tamén goza escribindo. Con todo, cando chega o gran furacán o libro de
Morris vóase xunto co resto do pobo, as sús casas, as sús rúas, as sús persoas.
Cando pasa o temporal, o pobo queda abatido.
Morris deambula polas que antes eran rúas, perdido e totalmente baleiro sen o
seu libro. No medio da desolación aparécese ante Morris
unha muller que voa grazas a que miles de libros multicolores sostéñena; ela
entrégalle a Morris un libro e con iso “sálvao" da tristeza.Morris é conducido ao gran paraíso para quen ama
os libros: a biblioteca. No seu novo fogar Morris dedica a vida aos libros,
cóidaos literalmente, restáuraos si así o requiren, ordénaos e dálles vida
compartíndoos cos lectores que chegan á biblioteca en busca dalgunha lectura.
Os libros devólvenlle a Morris a vida que parecía perdida tralo furacán.Co tempo Morris vaise volvendo vello e enfermo;
esta vez son os libros quen o coidan a el, léndolle un conto cada noite. Morris
está chegando ao final da vida, terminou de escribir o seu libro e, do mesmo
xeito que a muller dos libros voladores, Morris é elevado por miles de libros
multicolores que voan e condúceno ao seu descanso eterno.Unha nena pequena entra á biblioteca e nas súas
mans é depositado o libro que contén a vida de Morris...así todo volve comezar.
A data do 25 de novembro elixiuse, por parte da comunidade internacional, como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, conmemórase a morte das irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do dictador dominicano Rafael Trujillo. Afecta a todas as mulleres do mundo con independencia de onde viven ou a idade que teñan. É tal a magnitude da violencia e alcanzou tales dimensións que a Organización Mundial da Saúde declarou á violencia contra as mulleres prioridad de saúde pública en todo o mundo. A violencia contra as mulleres, desde as súas formas máis sutís ata as máis extremas, o asasinato, é consecuencia dun discurso sexista baseado en relacións de poder desiguais que manteñen algúns privilexios dos homes sobre as mulleres.
Traballos realizados polos alumnos de 4º da ESO contra a Violencia.
— Antes me leven as almas en pena que darvos un figo da miña figueira! Hai que ter tino co que se promete ás toas,
sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao
avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.