24/10/15
A BRUXA REGAÑADENTES
Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder.
23/10/15
ANXO MOURE NA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O noso alumnado participou moi activamente nos contos de Anxo Moure, unhas
veces como protagonistas, noutras como
felices figurantes.
Insuflounos coas súas verbas imaxinación para subir no seu nubilete rumbo a un mundo sen guerras, sen contaminación, sen lume, e cheo de homes e
mulleres libres e bos que coidan o medio natural.
22/10/15
UN LIBRO PODE TER MOITAS VIDAS
Mirar un libro, pasar paseniñamente as súas páxinas, sentir desexos de telo entre as túas mans, ler, imaxinar. Estas e outras emocións deberon sentir as nosas nenas e nenos nesta festa de intercambio de libros. E... cada un dos libros da exposición volveu latexar.
Os libros son abellas que transportan o polen da sabiduría dunha mente a outras. J. Rusell.
Os libros son abellas que transportan o polen da sabiduría dunha mente a outras. J. Rusell.
19/6/15
15/6/15
CON SOLEDAD FELLOZA E A COCIÑEIRA DO REI
O kamishibai musicado "A cociñeira do rei" tivo un público moi especial: Soledad Felloza, a autora do conto. Para ela foi moi emocionante ver como os nenos e nenas dramatizaban, cantaban e inventaban unha "banda sonora" con Mencía e o resto de personaxes do seu conto; e para os alumnos foi unha experiencia única coñecer e gozar do arte desta polifacética muller.
Grazas por unha visita tan doce!
Grazas por unha visita tan doce!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







