20/11/13

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

No mundo  hai moitos nenos e nenas que non poden ir a escola, que teñen que facer traballos abusivos, non teñen acceso a sanidade, son mal tratados ou carecen de outros dereitos.
A lectura que realizamos nos libros sobre os dereitos do neno fixéronnos entender estas situacións e concienciáronnos de que debemos aportar o noso graniño de area para loitar contra elas. 

12/11/13

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ESCRITA

É difícil resistirse a coñecer os feitizos que nos propón o noso alumnado. Fórmulas para voar, ser listo e como non, futbolista. Atrevédevos a imaxinar.

31/10/13

FESTA DAS CABAZAS DE SAMAÍN

Coma todos os anos o concurso de cazabas despertou  un grande interese entre o alumnado. Dificil escoller  entre tantas e tan variadas:  piratas, atrevidas, veloces, artistas, monstruosas, monas, festivas…….  A ti cal  che gusta?
Moitas  grazas por colaborar coas vosas magníficas cabazas.

29/10/13

CARTEIS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

"Coa lectura soñarás,nun mundo máxico entrarás" é un dos orixinais consellos que nos da o noso alumnado para animarnos a ler cada día un pouco máis e mergullarnos na maxia das historias.

25/10/13

24 de OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Bibliomosteiro súmase a celebración do Día Internacional das Bibliotecas organizando unhas sesións de contacontos. As alumnas e alumnos de sexto curso de primaria serán os encargados de levar a cabo esta actividade que se celebrará na biblioteca, nos recreos, para o resto do alumnado.