27/10/25

Taller de escritura creativa con María Lado

 O mércores 22 no CPI Mosteiro-Meis acompañounos a escritora María Lado. Impartiu un obradoiro literario pensado para aqueles alumnos/as aos q lles gusta ler e escribir, ou simplemente pretenden mellorar as súas creacións.








Mediante técnicas moi sinxelas os 25 participantes de 1 e 2 ESO desfrutaron do taller didáctico e ao mesmo tempo lúdico a crear, grazas ao poder da sua imaxinación, pequenas historias.





Un grupo atreveuse a poñerlle coreografía.




O alumnado quedou moi satisfeito co obradoiro.





11/12/23

NON MIRES PARA OUTRO LADO

Aroa, Irene, Daniela, Nerea, Karen, Martina e un nutrido grupo de pandeireteiras formado por alumnas e profesoras puxeron voz e música ás conmemoracións da última semana de Novembro: o Día da Música e o Día internacional contra a Violencia de Xénero. Velaí vai un resumo desta semana chea de emocións.

 

 

Asemade, a comunidade educativa do CPI Mosteiro-Meis participou na creación dunha lista de reproducción con músicas de mulleres. Podedes escoitala aquí:

 

21/9/22

O 24 DE SETEMBRO ABRIMOS O TELÓN EN PORTAPISÓN

 O vindeiro sábado 24 de setembro, abrimos o telón en Portapisón. 

Anímate a participar nesta actividade que aúna teatro e natureza, e pensada para toda a familia. 


Podes inscribirte aquí

Lémonos o sábado! 

10/2/22

AS CIENTÍFICAS NOS NOSOS LIBROS

Coincidindo co Día da nena e da muller na ciencia, o  venres 11 de febreiro, animámosvos a descubrir algunhas mulleres científicas que se aloxan na nosa Biblioteca, e que quizáis vos apeteza acoller nos vosos fogares durante uns días... 

Comezamos cun libro que xa se está a converter nun clásico: 



Presenta nun formato atractivo, con textos breves e ilustracións orixinais, a vida e obras de 25 científicas que cambiaron o mundo. Entre elas, atópase a española María Teresa Toral, presentada coma "química antifascista".






A 50 pioneiras españolas de tódolos campos do saber adícase estoutro libro. 



Podemos atopar a varias científicas, coma por exemplo Ángeles Ruíz Robles: 


Se prefires a banda deseñada, Valerosas é o libro que estabas a buscar. 



Entre outras mulleres que só fan o que elas queren (non o dicimos nós, é o que pon na portada do libro) está a historia de Agnodice, a primeira xinecóloga da Historia, cunha vida máis que interesante. 



Deixamos para o final un libro que agrupa os dous grandes proxectos da nosa Biblioteca para este curso: Mulleres que contaron e a Biblioteca verde. 



En "Árbores que non arden" varias autoras, reunidas no Proxecto Batefogo, abordan a figura indispensable das mulleres na prevención de incendios forestais. Velaquí unha mostra das súas interesantes aportacións. 




Se te animas a levar algúns destes libros para a túa casa ou para a túa clase, enche este  formulario e recólleo no Anexo da Biblioteca no primeiro andar. 


Feliz lectura!