24/3/11

NOVAS E PRIMAVERAIS ADQUISICIÓNS





Ola, queridos seguidores. Coa chegada da primavera queremos mostrarvos os últimos libros que temos comprado. Esperamos que sexan do voso agrado:






Comezamos coa cuarta entrega de Fairy Oak, "Adiós, Fairy Oak"











Seguindo con Fairy Oak, temos novos títulos da seguinte tetraloxía:









"Capitán Grisam y el amor"







"Los hechiceros días de Shirley"








"Flox de los colores"



Tamén dispoñemos dun novo éxito editorial: "Rubí". A encantadora Gwen descobre un día que ten un curioso talento: é capaz de viaxar a través do tempo.


Vaia título tan... suxestivo ¿non? Máis bruxas adolescentes, esta vez intentando arranxar a súa vida amorosa e a dos seus pais. ¡Apaixoante!












Pois para títulos suxerentes, este non se queda atrás, que digamos... A segunda parte de "Escobas y bikinis" promete, desde logo que si.












Máis bruxas, agora cun detective privado moi especial: un morcego. Divertidísima.

















Máis aventuras co detective voador máis famoso











Joanna, unha rapaza que quere ser escritora, descobre que ten un poder secreto. ¡Que envexa!












Nesta segunda parte, Joanna segue a facer uso do seu incrible poder. Non te perdas as súas aventuras.




Ben, amigos, isto é todo. Non vos queixedes, que estamos a rascar o peto a base de ben con tal de ter satisfeitos aos nosos lectores. Esperámosvos para o empréstito e supoñemos que voarán no primeiro recreo. Ata a próxima.

No hay comentarios: