Mostrando entradas con la etiqueta TRABALLOS DO ALUMNADO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRABALLOS DO ALUMNADO. Mostrar todas las entradas

10/6/19

VISITA DE XELÍS DE TORO

O alumnado de 3º de Primaria leu este curso "O trompetista e a lúa", de Xelis de Toro. O autor visitounos para contarnos o conto, acompañado de música en directo.






A visita do autor foi a ocasión perfecta para formularlle tódalas preguntas que tiñan preparadas.


8/3/16

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Pequena homenaxe do alumnado do noso centro ás mulleres que día a día están a noso carón.

27/1/16

A ÁRBORE XENEROSA

Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargados da realización do video da obra de Shel Silvertein, A árbore xenerosa.
Unha historia para reflexionar sobre a sustentabilidade, proxecto de Centro do presente curso.

Podemos describir o libro como a desigual relación entre o planeta e a especie humana que toma una boa parte dos recursos da natureza e non deixa nada a cambio.

2/6/11

MATEMÁTICAS CON LACASITOS

Os alumnos e alumnas de 2ºA de E.Primaria seguen a practicar a súa lectura e escritura en "Banda Deseñada". Esta vez en actividades matemáticas e queren agradecer á profesora Rita que compartira con nós esta idea tan doce!

27/5/11

UN CONTO INVENTADO...

... UN CONTO CONTADO ...UN CONTO ESCOITADO!
Os pequechos de 1º teñen un novo agasallo para nos.
ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!!!
Parabéns de Golfiño.

DEIXANDO VOAR A IMAXINACIÓN


Os de 1ºA de E. Primaria fixeron este fermoso libro sobre o SURREALISMO cheo de soños, encanto, fantasía e ilusións. Esperamos que vos guste!

UNHA APERTA DE GOLFIÑO!!!

22/5/11

Escribimos en "Banda Deseñada"





Os alumnos e alumnas de 2ºA de E.P. están a facer textos en "Banda Deseñada" que tratan sobre experiencias e actividades de aula. Aquí déixovos unha pequena mostra!



MERGÚLLATE NA ESCRITURA! Saúdos: Golfiño

2/5/11

EU SON...A MONA LISA!

O alumnado de 2ºA de E. Primaria rematou o PDI da Mona Lisa cunha sorprendente actividade de clausura. Non vos esquezades de deixar os vosos comentarios!!!
UNHA APERTA REFRESCANTE DE GOLFIÑO!




Eu son A Mona Lisa from Bibliomosteiro on Vimeo.

14/4/11

UN CONTO CONTADO...

Os de 1ºB de E. Primaria fixemos unha adaptación da "CANTIGA CIII DE AFONSO X" sobre a orixe da Armenteira. ESCOITADE O BEN QUE XA LEMOS!

7/4/11

A MONA LISA

Esta semana na Biblioteca os rapaces e rapazas de 2ºA de E. Primaria fixeron un pequeno PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO sobre A Mona Lisa. A actividade desenvolveuse dentro do Proxecto Global "Un paseo pola Arte". Esperamos que vos guste!



Unha aperta de Golfiño!

CONCLUSIÓNS (Interesante documento coas respostas e opinións dos participantes no PDI. Non deixes de botarlle un ollo!)


OUTROS DOCUMENTOS





2/3/11

TRABALLOS 1º TRIMESTRE


Se queres ver os traballos publicados polo alumnado de E. Primaria preme aquí.

POEMAS DE ANIMALES


Os alumnos e alumnas de 2ºA de E. Primaria xa temos publicado o noso libro de poemas. Esperamos que vos guste! Ver Libro.

12/2/11

UN PASEO POLA ARTE

O alumnado de E. Primaria está a desenvolver un Proxecto Global Interciclos que ten como fío conductor o título: "UN PASEO POLA ARTE". Ao longo deste trimestre os nenos-as participarán en Obradoiros de Pintura, Poesía, Animación á Lectura, etc.

Non te esquezas de botar un ollo aos traballos !