Grazas a todas e todos por participar!
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
23/4/20
DÍA DO LIBRO 2020
Neste Día do Libro tan especial, decidimos preguntar ao alumnado do CPI Mosteiro-Meis cal era o seu libro favorito. Estas foron as súas respostas...
Grazas a todas e todos por participar!
Grazas a todas e todos por participar!
23/4/16
DÍA DO LIBRO
Neste panel os nosos alumn@s reflexaron o que para eles significa un libro, o que lles aporta a lectura, por que lles gusta ler e o que sinten cando se ven envoltos por unha boa novela.
OS LIBROS SON PARA VALENTES
A verdade é que nunca gustei
moito de todos eses discursos sobre a importancia do libro, das boas lecturas,
e todo aquilo...Sempre pensei que falar da importancia da lectura era como ter
que explicar a importancia de comer, de beber. De respirar.
Porque de nada serve unha lectura
se non nos atrapa. De nada serve un libro que non nos namora. Que non nos
marabilla, que non nos amosa outros mundos, que non nos emociona. De que serve
unha historia se non nos arrastra dentro da treboada, se non nos fai chorar
ante unha vida que se apaga, se non nos fai rir ata desencaixarnos a mandíbula,
se non nos arrebata, se non nos calma...? Esas son as boas lecturas, as que nos
levan máis alá destas catro paredes. E eses son os bos libros, os que nos
converten en mellores persoas, máis grandes, máis capaces, máis vivas.
Todos sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un
que nos cambiará a vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis
debemos estar dispostos a ser valentes , a dar un paso adiante e dicirlle a esa
persoa "Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?" Do mesmo xeito, eu
tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que
funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou, polo menos como poñerlle o
rabo ás cereixas...
Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra
cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que
me dicides, valentes, atrevédesvos?
Pedro
Feijoo
Texto escrito por Pedro Feijoo para a celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2016. Agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia.
Texto escrito por Pedro Feijoo para a celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2016. Agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

