18/5/17
A VIDA DE CARLOS CASARES EN RAP
Para festexar o día das Letras Galegas que este ano 2017 homenaxea a Carlos Casares, nunha aula do CPI Mosteiro Meis o alumnado retou ao seu profesor a que lles rapeara a vida de Carlos Casares.
E este foi o resultado.
8/5/17
ANTÓN CORTIZAS
O día 4 de maio Antón Cortizas estivo coas alumnas e alumnos de segundo curso de primaria para falarlles do seu libro "O lapis de Rosalía".
E tivo tempos para unha pequena entrevista na radio da nosa escola.
4/5/17
PLANETARIO NA BIBLIOTECA
A nosa Biblioteca convertiuse por un día nun marabilloso planetario no que o alumnado de 5º de Primaria guiou ao resto da primaria por unha fantástica viaxe sobre a orixe do universo, o sistema solar, as estrelas e as constelacións.
Música, proxeccións, realidade aumentada, tablets, xogos e contos foron algunas das actividades que se levaron a cabo durante estas xornadas astronómicas. Mirade este vídeo como pequeno exemplo de o que alí aconteceu.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)