24/4/15
CONTACONTOS CON PILAR MARTÍNEZ
Dentro das actividades programadas pola Biblioteca, a profesora do Centro, Pilar Martínez contounos entre outros o seu conto A GALIÑA ROXA, editado por Kalandraka.
23/4/15
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o día do libro os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria representaron no teatriño Kamishibai ,a obra de Soledad Felloza e Sandra de Prada, A COCIÑEIRA DO REI.
A narración estivo acompañada por instrumentos musicais para plasmar o mundo de sabores e aromas que desprende a obra e poñer en valor o protagonismo especial que ten a naturareza.
A narración estivo acompañada por instrumentos musicais para plasmar o mundo de sabores e aromas que desprende a obra e poñer en valor o protagonismo especial que ten a naturareza.
Unha boa historia para aprender a valorar a cociña coma parte da nosa vida e das nosas emocións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)