Grazas a todas e todos por participar!
23/4/20
DÍA DO LIBRO 2020
Grazas a todas e todos por participar!
29/4/14
ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO
11/12/12
AS BIBLIOTECAS GALEGAS RECIBEN OS PREMIOS DO CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS 2011
![]()
![]()
O luns 10 de decembro seis Bibliotecas galegas pertencentes ao PLAMBE recibiron os premios do CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN E DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES do ano 2011 en Madrid, na Biblioteca Nacional.
Deixámosvos enlaces aos distintos blogues das Bibliotecas galardoadas porque ben merece a pena coñecer a estes heroes (como os definen nas “Zocas faladoras”).
Modalidade A (centros de ensino infantil, primaria, educ. especial e educ. de adultos):
-
1º premio: CEIP A LAMA (A Lama, Pontevedra)
-
2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco, Ourense)
-
3º premio: CRA DE RIBADUMIA (Ribadumia, Pontevedra)
-
3º premio: CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE (Taragoña-Rianxo, A Coruña)
Modalidade B (centros de ensino secundario, form. profesional, ensinanzas artísticas...)
-
3º premio: IES DE CELANOVA (Celanova, Ourense)
-
3º premio: IES ALEXANDRE BÓVEDA (Vigo, Pontevedra)
PARABÉNS A TODOS E TODAS!
21/5/12
LIBROS DE IDA E VOLTA…
O día do Libro fixemos unha festa en Bibliomosteiro! Repartidos en dúas sesións, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nunha actividade que queremos compartir con todos!
“Fixemos unha actividade na Biblioteca onde saía un número de clase e tiñas que cambiar un libro co compañeiro da outra clase que ten o mesmo número ca ti. Alejandro Vilas.”
“O luns os profesores regaláronnos de sorpresa un marcapáxinas coa nosa foto! Uxía.”
AGORA TODOS COMPARTIMOS ESTE ENORME AGASALLO!
23/4/12
DÍA DO LIBRO
8/3/12
8 MARZO DÍA MULLER
Nos anos 40, as irmás Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez eran en Ribadabia, a cabeza visible dunha rede clandestina que ocultaba os xudeus e lles facilitaba a través da fronteira portuguesa, a fuxida cara países onde quedarían a salvo do nazismo.Lembremos que no holocausto morreron arredor de seis millóns de xudeus, e estas galegas contribuíron a salvar arredor de medio millar de persoas. Para elas o noso recoñecemento e a nosa lembranza neste día da muller.7/2/12
BICENTENARIO DICKENS
2/2/12
30/1/12
MANIFESTO PARA O DÍA DA PAZ 2012
28/1/12
GUÍA DE LECTURAS: DÍA ESCOLAR POLA PAZ
Saúdos de Golfiño!
24/1/12
VIVEIRO DA PAZ
23/1/12
DÍA DA PAZ
22/11/11
25 NOVEMBRO DÍA CONTRA VIOLENCIA XÉNERO
16/11/11
2/11/11
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Marie Curie, naceu como María Sklodowska en Varsovia (Polonia) en 1867 e faleceu en Sancellemoz, Francia, en 1934. Estudiou Física e Química na Universidade da Sorbona, París, da que foi a primeira profesora nos tempos modernos e onde coñeceu o seu marido e compañeiro de investigacións, Pierre Curie.Marie Curie foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel, e a primeira persoa en recoller dous Premios Nobel en dous campos distintos, Física e Química. En 1903 Henri Becquerel, Marie Currie e Pierre Currie, recibiron o Premio Nobel de Física pola súa investigación común sobre o fenómeno da radiación. En 1911 Marie Currie recolleu o Premio Nobel de Química polo descubremento de dous novos elementos: o radio e o polonio.
María Wonenburger naceu en Montrove (Oleiros ) no ano 1927 e desde nena destacou polo seu interés polos números, o deporte e os idiomas. Fixo a licenciatura en Madrid. Foi a primeira española en conseguir unha beca Fulbright para realizar o doutoramento en matemáticas. Así chegou en 1953 á Universidade de Siracusa, en Nova Iorque. Traballou con prestixiosos matemáticos, como Nathan Jacobson, que dirixiu o seudoctorado en Yale. Despois, regresou a España, onde volveu a estudiar o doctorado, ó non lle ser convalidado. Emigrou de novo e traballou en Ontario, Toronto (onde era a única muller que ocupaba un posto de profesora de matemáticas na universidade), Búfalo e Indiana (onde acadou a máxima categoría profesional, a de Full Professor). En 1983 abandonou a súa actividade profesional e trasladouse a súa casa familiar na Coruña, onde reside actualmenteMaría Wonenburger publicou numerosos artigos en revistas de prestixio no campo matemático e dirixiu oito teses de doutoramento. Destacan o elevado número de citas que aluden ó seu traballo investigador, ademáis de ser citada en numerosos traballos da súa especialidade. Déixounos un importante legado: xunto co seu alumno Roberth Mooby introduciu as chamadas álxebras de Kac-Mooby que xogan un papel central en Matemáticas e Fisica desde os anos 70. A súa labor investigadora levouna a figurar entre os mellores expertos de álxebra do mundo.
25/10/11
SAMAÍN 2011
Dende a Biblioteca do CEIP Victor Saenz chéganos unha ampla variedade de recursos para disfrutar destas datas.Aquí tendes o enlace:
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain
17/10/11
13/4/11
CARTAS DE AMOR EN SECUNDARIA
A calidade dos traballos reflectiu o voso esforzo e interese e por suposto, no vindeiro ano esperamos máis e mellor.
23/3/11
ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA EL DÍA DEL LIBRO
- Exposición sobre la vida y obra del autor, incluyendo información en powerpoint.
- Actividades en el aula sobre la obra de Mario Vargas Llosa.
- Organización de un mercadillo de libros usados. ¡Magnífica oportunidad para hacerse con títulos nuevos sin gastar dinero, no os lo perdáis!
- Y, por supuesto, no podía faltar nuestro Amigo Invisible. Ya sabéis, hay que fomentar el reciclaje y regalar un libro usado, que no viejo, acompañado de una flor natural o de cualquier material.
14/2/11
POESÍA EN SAN VALENTÍN












