2/6/09

A MULLER COMO MOTOR DA HISTORIA



En breve estará a disposición de toda a comunidade escolar o Proxecto Interdisciplinar titulado:
“A MULLER COMO MOTOR DA HISTORIA”
Neste traballo, que abrangue distintas áreas do coñecemento, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tentamos aprender un pouco máis da importancia da muller ao longo da historia, así como a saber recoñecer e rexeitar o machismo e os estereotipos que a sociedade actual tenta impoñer sobre todo á muller.
Para realizar este proxecto tivemos que: investigar, resumir, redactar, interpretar, recortar, pintar, manipular debuxos e textos, utilizar as novas tecnologías (internet e procesador de textos).
Ao expoñer o noso proxecto agrupamos estas actividades en catro apartados:
1º.- Mulleres relevantes ao longo da historia: Onde expoñemos a vida e a obra de mulleres que destacaron tanto no campo da investigación como no mundo da arte (literatura neste caso).
2º.- Meis con cara de muller: exposición onde facemos un percorrido polas mulleres do noso entorno pasando por todas as clases sociais, dende Rica (raiña de Castela e León) ata Ana de Castro (denunciada por meiga no século XVII).
3º.- Os nosos contos: xa que ademáis de buscar información e reflectila no proxecto, tamén deixamos paso a imaxinación, creando os nosos propios contos onde a protagonista é sempre unha muller. Estes mesmos contos representámolos en pequenas obras teatrais para os cativos de primaria co galo do Día das Letras Galegas.
4º.- O cómic. Manipulación plástica e textual de grandes obras pictóricas: neste apartado tivemos que levar a cabo a pescuda e investigación no mundo da arte de obras de artistas recoñecidos cuxa temática xirase arredor da muller. Unha vez localizados os cadros, manipulamos as reproduccións destes plasticamente e textualmente, para despois poder construir un cómic co cal traballamos ademais temas relacionados coa problemática actual da muller: culto a imaxe (anorexia, estética), machismo…

3 comentarios:

Unknown dijo...

Paréceme moi interesante que lle den importancia a esa xente anónima que descoñecemos,aínda que fixeron cousas importantes por nós.

A profa dijo...

Ola, gustoume este proxecto, parabéns. Por certo, de que centro é Bibliomosteiro? Grazas e saúdos.

Fata Morgana dijo...

CPI Mosteiro-Meis, Pontevedra