21/12/15
25/11/15
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A data do 25 de novembro elixiuse, por parte da comunidade internacional, como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, conmemórase a morte das irmás Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do dictador dominicano Rafael Trujillo. Afecta a todas as mulleres do mundo con independencia de onde viven ou a idade que teñan. É tal a magnitude da violencia e alcanzou tales dimensións que a Organización Mundial da Saúde declarou á violencia contra as mulleres prioridad de saúde pública en todo o mundo.
A violencia contra as mulleres, desde as súas formas máis sutís ata as máis extremas, o asasinato, é consecuencia dun discurso sexista baseado en relacións de poder desiguais que manteñen algúns privilexios dos homes sobre as mulleres.
A violencia contra as mulleres, desde as súas formas máis sutís ata as máis extremas, o asasinato, é consecuencia dun discurso sexista baseado en relacións de poder desiguais que manteñen algúns privilexios dos homes sobre as mulleres.
Traballos realizados polos alumnos de 4º da ESO contra a Violencia.
9/11/15
A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS
— Antes me leven as almas en pena
que darvos un figo da miña figueira!
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.
que darvos un figo da miña figueira!
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.
5/11/15
A BRUXA MARUXA
A BRUXA MARUXA
A bruxa Maruxa ten unha curuxa
que non pecha os ollos, non quere durmir.
A bruxa Maruxa ten unha curuxa
que está todo o tempo mirando para ti.
A bruxa Maruxa e a súa curuxa
voa e revoa de aquí para alá.
Coa súa vasoira facendo piruetas,
primeiro para diante e logo para atrás.
A bruxa Maruxa non quere ser bruxa.
a bruxa Maruxa quere ser feliz.
Foi ao mercado verder unha curuxa
e xa lle marchou o gran nariz.
A bruxa Maruxa tiña catro primas
ás que tan só vía polo Nadal.
Estaban no cárcere por asesinas;
cortáranlle o rabo a un pobre animal.
A bruxa Maruxa temén ten dúas tías,
pero nunca pode ilas visitar.
Non paran na casa; polo mundo enteiro,
detras dun carneiro andan a voar.
A bruxa Maruxa tiña un segredo
gardado no seu camisón.
Ninguén sabía o que agocharía,
se pata de galo ou dente de león.
A bruxa Maruxa nunca foi en barco,
nin foi polo río, nin foi polo mar.
Ia plolos montes, ía polos charcos;
entraba e saía sen pestenexar.
Letra e música: Magín Blanco
29/10/15
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN
Celebramos
o Samaín cunha morea de actividades para todos os niveis ao longo da semana. A
Biblioteca, ambientada ao efecto serviu para a lectura de terroríficas e arrepientes
lecturas que puxeron os pelos de punta aos máis valentes.
Os
pasillos do centro acolleron a
exposición de cabazas. Cada ano máis imaxinativas e creativas. Un auténtico
problema para o xurado que ten dar os premios as mellores. Moitas felicitacións
por esas magníficas cabazas rapaces e rapazas
SAMAÍN CPI MOSTEIRO 2015 by Slidely Photo Gallery.
SAMAÍN CPI MOSTEIRO 2015 by Slidely Photo Gallery.
Preparar
calquera apócema non é difícil. Basta botarlle unha ollada a calquera das
inventadas polos nosos alumnos e alumnas. Que vos aproveite!
E
despois de tan alegre e satisfactorio traballo non
podía faltar a maxia de ser outro, de disfrazarse como manda a ocasión.
DISFRACES SAMAIN 2015 CPI MOSTEIRO-MEIS by Slidely Photo Gallery
DISFRACES SAMAIN 2015 CPI MOSTEIRO-MEIS by Slidely Photo Gallery
28/10/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







