27/3/15

SMOKEY CITY





Asistimos  no auditorio da casa de cultura do concello de Meis á representación da obra teatral Smoke City, de produccións Malasombra.
Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que ao fin e ao cabo, é o contrario de vivir atrapado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini


26/3/15

EXPERIMENTO: A CIRCULACIÓN TERMOHALINA




Comprender os fenómenos que acontecen ao noso arredor é, sempre, máis fácil experimentanto. Con esta idea o profesorado  pon en marcha un novo programa destinado a todo o alumnado do Centro. Cada mes realizarán un experimento distinto. Comeza en marzo co principio da circulación termohalina, é dicir, a circulación da auga salgada dos océanos determinada pola diferencia de temperatura e salinidade.
A sesión foi explicada por un alumno e unha alumna de cuarto curso de Educación Secundaria.
Para realizar o experimento os alumnos empregaron un recipiente con  auga quente e outro con auga fría e salgada. Cada unha con distinta cor foi introducida nun  nun acuario separadas por un tabique. Ao retiralo o alumnado comprobou que a auga máis quente flotaba sobre a fría.



24/3/15

DÍA DA ÁRBORE

O alumnado do Centro viveu con especial interese as actividades programadas no día da árbore.
Os máis pequenos axudaron na plantación de exemplares das especies capudre, érbedo e sobreira.


Identificouse cunha placa a doce árbores do patio do centro.
Todo o alumnado participou nun roteiro para coñecer estas árbores. Foron os alumnos maiores de Primaria e Secundaria os que explicaron as súas  características aos seos compañeiros.







25/2/15

178 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Google lembra a Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento  adicándolle a súa cabeceira.
No "doodle" pódese ver o logotipo de Google no que as "oes" foron reemplazadas polo escudo de  Galicia e o retrato de Rosalía. No fondo vense unhas montañas verdes atravesadas por un río azul  que leva escrito o poema Adiós ríos, adiós fontes...

30/1/15

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

O día Escolar da Non Violencia e da Paz celébrase o día 30 de xaneiro de cada ano no aniversario da morte de Mathama Gandhi.
Sendo conscientes de que ainda se pode cambiar as culturas de imposición, de medo e de especulación en culturas de diálogo e de reconciliación puxémonos a imaxinar......
Imaxinar xente en paz, un mundo sen paises, sen fame, sen codicia.
Imaxinar a toda a xente compartindo o mundo.





Recollida de alimentos.

26/1/15

DESCRIPCIÓNS MOSTRUOSAS

Como vedes o noso taller de escritura creativa segue a dar excelentes traballos.
Nesta exposición de descripcións mostruosas tratábase de imaxinar un mostruo e describilo con moita fantasía e creatividade. O alumnado de quinto animouse a a facelo tamén en inglés.